Edward Likowski, nado o 26 de setembro de 1836 en Wreschen (Reino de Prusia) e finado o 20 de febreiro de 1915 en Posen (Reino de Prusia), foi un eclesiástico católico latino polaco, arcebispo metropolitano de Gniezno e Poznań e primado de Polonia dende 1914 até o seu pasamento.
Traxectoria O 21 de decembro de 1861 foi ordenado sacerdote da arquidiocese católica latina de Gniezno e Poznań. Logo da súa ordenación, exerceu o seu ministerio como capelán e profesor de relixión durante catro anos. En 1865 foi nomeado profesor de Historia da Igrexa e Dereito canónico, e ao ano seguinte obtivo da Academia de Münster o título de Doutor en Teoloxía.
O 17 de marzo de 1887 foi nomeado bispo auxiliar de Gniezno e Poznań, e bispo titular de Aureliopolis in Lydia. Recibiu a ordenación episcopal o 1 de maio de 1887 de mans do arcebispo Julius Dinder.
O 13 de agosto de 1914 foi nomeado arcebispo metropolitano de arquidiocese católica latina de Gniezno e Poznań. Finou no cargo ao ano seguinte, o 20 de febreiro de 1915.
Obra
Notas
Categoría:Nados en 1836 Categoría:Nados na Gran Polonia Categoría:Finados en 1915 Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Polonia Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Escritores de Polonia Categoría:Historiadores de Polonia Categoría:Escritores en lingua polaca