Non confindir con William Ogilby.

James Douglas Ogilby, nado o 16 de febreiro de 1853 en Belfast, Irlanda e finado o 11 de agosto de 1925 en Brisbane, Queensland, Australia, foi un ictiólogo e herpetólogo australiano de orixe irlandesa.

Traxectoria Fillo do naturalista William Ogilby (1808-1873), despois dos seus estudos no Winchester College e no Trinity College de Dublín, traballou no British Museum. Interesouse polas aves e os peixes e viaxou aos Estados Unidos de América.

En 1884 obtén un posto de axudante no Australian Museum de Sydney e casa, o mesmo ano, con Mary Jame Jameson.

James Douglas Ogilby publicou numerosos artigos sobre os réptiles, e describiu unha nova especie de tartaruga e varias novas especies de lagartos, entre elas:Especies descritas por Ogilvy. En The Reptile Database. Morethia boulengeri, en 1890 Saltuarius cornutus, en 1892 Strophurus intermedius, en 1892 Uvidicolus sphyrurus, en 1892

Tamén escribiu sobre os mamíferos e os peixes de Australia. Foi elixido membro da Sociedade linneana de Londres en 1887. Traballou no British Museum, despois no Australian Museum de Sydney, do que se retirou en 1890 a causa do seu alcoholismo.

Contra 1903 instalouse en Brisbane, onde traballou como ictiólogo no Queensland Museum. Poucos anos máis tarde chega a ser membro da Sociedade Real de Queensland. Asina numerosas publicacións co seu amigo Alan Riverstone McCulloch (1885-1925).

Ogilby faleceu o 11 de agosto de 1925 e está soterrado no Toowong Cemetery, en Toowong, Brisbane, Queensland, Australia.

Algunhas publicacións 1887. Catalogue of Fishes and Other Exhibits at the Royal Aquarium, Bondi. 1892. Catalogue of Australian Mammals. 1893. Edible Fishes and Crustaceans of New South Wales.

Notas

Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Científicos de Australia Categoría:Zoólogos de Australia Categoría:Nados en 1853 Categoría:Nados en Belfast Categoría:Finados en 1925