Clarín foi un semanario editado en Pontevedra en 1936. Historia e características Subtitulado Semanario Independiente de Izquierda, apareceu o 4 de xaneiro de 1936. Promovido polo impresor e libreiro Clemente Martínez Gendra, Germán Fernández Gracia e Manuel Villar Cimadevila. O seu primeiro director foi Germán Fernández e, logo da súa dimisión, parece ser que foi substituído por Manuel Villar no último número. Estaba na órbita de Izquierda Republicana e foi propagandista do sector máis esquerdista da Fronte Popular de Pontevedra. O último número coñecido é do 12 de febreiro de 1936.

Véxase tamén Bibliografía CLARÍN, semanario independente de esquerdas.

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra

Categoría:1936 en Galicia