A illa Scott é unha pequena illa deshabitada de orixe volcánica situada no océano Antártico. Está situada a uns 505 quilómetros do cabo Adare, a extremidade nordeste da Terra de Vitoria. Ten 565 metros de longo e 180 de largo, abranguendo unha área de 4 hectáreas. No oeste da illa, a uns 250 metros, atópase o Piar de Haggitt, unha columna de 60 m de altura. A illa contén dúas pequenas enseadas con praias, e o resto da illa é rochosa. Unha das rías está sobre a costa nordeste e a outra atópase na parte occidental da illa, fronte ao piar de Haggit.
A illa foi descuberta o 25 de decembro de 1902 polo capitán e explorador Guillerme Colbeck do SY Morning, quen transportaba no seu navío ao capitán Robert Falcon Scott na expedición de Sir Clements Robert Markham. Colbeck pensou en bautizar á illa co nome de illa Markham, pero posteriormente Clements Markham decidiu mudar o nome na honra do capitán Scott. O piar de Haggit recibe esa denominación polo apelido materno de Guillerme Colbecj, Haggit.
En 2006, unha expedición de mapeado atopou as illas cando se dirixía ao mar de Ross.The changing map of Antarctica, National Institute of Water and Atmospheric Research, Coasts & Oceans Update, No. 17, 2007
Conflitos territoriais Malia atoparse en territorio do Tratado Antártico, a illa é reclamada por Nova Zelandia. Notas
Véxase tamén Outros artigos Reclamacións territoriais da Antártida Ligazóns externas Birds observed at Scott Island, Ross Sea, Antarctica Gerhard Wörner and Giovanni Orsi (1990). Volcanic observations on Scott Island in the Antarctic Ocean, Polarforschung, 60 (2), 82–83.
Categoría:Illas