Xubi é unha mascota galega empregada para promover o camiño de Santiago e o Ano Xacobeo. Foi creada en 2010 cando substituíu a anterior mascota, Pelegrín.

Características Foi deseñada por Alberte Permuy para a Fundación Ad Sanctum Iacobum Peregrinatio, vinculada á igrexa polo arcebispado de Santiago de Compostela, a cal recibiu 800 000 euros da Xunta de Galicia para desenvolver o proxecto.

A súa simboloxía representa a unión de dous dos símbolos do camiño, como son o bastón e a cabaza, combinadas para facer unha personaxe de cor azul e verde, e calzada cunhas zapatillas azuis e vermellas. O nome de Xubi deriva do vocábulo xúbilo, facendo un xogo de palabras co xubileu."Xubi, la nueva mascota religiosa de este año Xacobeo", artigo en La Voz de Galicia, 7 de xuño de 2010.

No seguinte Ano Xacobeo (2021) foi substituído por Cunchiña.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas caminodesantiago.gal

Categoría:Mascotas Categoría:Camiño de Santiago Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes