Kenneth P. Aplin, nado o 9 de outubro de 1958, e finado en 2010, é un biólogo australiano coñecido como Ken P. Aplin, que foi investigador asociado ao Instituto Smithsoniano.
Traxectoria En 1981, obtivo o título de B.A. (Bachelor of Arts)Equivalente ao actual nivel de grao nos plans de estudos de Europa. en arqueoloxía na Australian National University e, en 1990, o de doutor en bioloxía na Universidade de Nova Gales do Sur, de Sydney.
Os seus intereses en investigación centráronse principalmente non só nos mamíferos terrestres da fauna das rexións Australo-Papúa e da liña de Wallace, senón que se estendeu fóra destas rexións tamén aos roedores murinos do Vello Mundo.Ken P. Aplin na web do Department of Vertebrate Zoology da Smithsonian Institution.
Taxons descritos Entre outros, describiu a familia dos Acrobatidae, marsupiais da orde dos Diprotodontia (citado en M. Archer (ed.), Possums and Opossums: xxii).Acrobatidae en MSW.
Abreviatura A abreviatura Aplin emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Categoría:Nados en 1958 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Científicos de Australia Categoría:Zoólogos de Australia Categoría:Nados en Inglaterra