A dos falanxerinos (Phalangerini) é unha tribo de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos e familia dos falanxéridos, unha das dúas en que se divide a subfamilia dos falanxerinos.Phalangerini en MSW.

Comprende un total de 18 especies, subdivididas en dous xéneros, Phalanger e Spilocuscus, coñecidas na bibliografía internacional, entre outros, cos nomes de falanxeros e cuscús.

Características Os falanxeros e os cuscús teñen un tamaño que oscila entre o das ratas e o dos gatos (lonxitude de caneza e tronco, de 27 a 65 cm; lonxitude da cola, de 24 a 60 cm). Teñen unha cabeza arredondada, co fociño aguzado e ollos grandes, nocturnos. As orellas son pequenas e, nalgunhas especies, ocultas polo pelo. Os dedos primeiro e segundo das patas anteriores son opoñíbeis para permitir a prnsión (movemento en pinza da man), así como o primeiro dedo de pata posterior (pé prénsil). Teñen ademais unha cola prénsil moi áxil e forte, co do terzo posterior espida (sen pelo); a parte inferior está endurecida para que sexa máis útil para a prensón ás ramas. A pelaxe é moi grosa e laúda.

Taxonomía Descrición A tribo foi descrita en 1888 polo zoólogo británico Oldfield Thomas en Cat. Marsup. Monotr. Brit. Mus.: 126.

Etimoloxías Nome científico O nome científico Phalangerini está formado, segundo a norma, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Phalanger, coa adición da desinencia do latín científico -ini, propia dos nomes das subfamilias de animais.

Hai que sinalar que, ao adaptar ao galego os nomes latinos da subfamilia (Phalagerinae) e da tribo (Phalangerini) resulta en ambos os casos falanxerinos, polo que, en escritos de divulgación, cómpre advertir o taxon do que estamos a falar.

Nomes vulgares Pare ver a etimoloxía de falanxeros e cuscuús, vexase Phalanger#Etimoloxías.

Clasificación A tribo comprende os xéneros e as especies seguintes:

Tribo Phalangerini Phalangerini Thomas, 1888 en MSW.Phalangerini Thomas, 1888 no ITIS. Xénero Phalanger Phalanger Storr, 1780 en MSW.Phalanger Storr, 1780 no ITIS. Phalanger alexandrae Phalanger carmelitae Phalanger gymnotis Phalanger intercastellanus Phalanger lullulae Phalanger matabiru Phalanger matanim Phalanger mimicus Phalanger orientalis Phalanger ornatus Phalanger sericeus Phalanger sericeus Phalanger vestitus Xénero Spilocuscus Spilocuscus Gray, 1861 en MSW.Spilocuscus Gray, 1861 no ITIS. Spilocuscus kraemeri Spilocuscus maculatus Spilocuscus papuensis Spilocuscus rufoniger

Notas

Véxase tamén Bibliografía Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Marsupiais Australidelfos Diprotodontes Falanxeriformes Falanxéridos Falanxerinos (subfamilia)

Ligazóns externas Phalanger en MSW. Phalanger no ITIS. Tribe Phalangerini Thomas 1888 en Fossilworks.

Categoría:Marsupiais