Papaver é un xénero de anxiospermas, coñecidas coma papoulas, que pertencen á familia Papaveraceae e que se distribúen por Europa, Asia e América do Norte. Etimoloxía Do latín păpāvĕr, vĕris, co mesmo significado. Xa en Cátulo, 19,12; Virxilio, Eneida, 4, 486; Plinio o Vello, Historia Naturalis, 26, 67. Descrición Son herbas anuais, bienais ou vivaces, con látex de ordinario branco e con follas máis ou menos divididas, as inferiores pecioladas e as superiores, cando existen, sésiles. As flores son actinomorfas, pedunculadas, terminais e solitarias e de casulo pénsil. Teñen 2 ou 3 sépalos, caedizos na floración e 4-6 Pétalos, fugaces, de prefloración corrugada, ás veces imbricados e de cor vermella, laranxa, amarela, branca ou violeta. Os estames son numerosos, con anteras subglobosas ou elipsoides mentres o ovario non ten estilo, mais un disco apical provisto de 3-18 estigmas radiais. O froito é unha cápsula de forma mazuda a subglobosa, unilocular, falsamente tabicada, case sempre dehiscente por uns poros situados baixo o disco. Contén numérosas sementes de 0,5-1,5 mm, reniformes, estriadas ou reticuladas, máis ou menos alveoladas e de diversas cores.Flora of North AmericaFlora of China esquerda|miniatura|300x300px|Leira de papoulas en Argenteuil, obra impresionista de Claude Monet. Especies aceptadas Das máis de 400 descritas, das cales case 300 son discutidas e 85 sinónimos, só 55 están aceptadas:Papaver en The Plant List, vers. 1, 1, 2013
Especies presentes na Península Ibérica Na península téñense citado 10 especies, 2 subespecies e 3 híbridos. Papaver argemone L., Sp. Pl., 506, 1753 Papaver aurantiacum Loisel. in J. Bot., 2: 340, 1809 - Dubidosa aínda que non imposíbel no Pireneo xirundense Papaver dubium L., Sp. Pl., 1196, 1753 Papaver hybridum L., Sp. Pl., 506, 1753 Papaver lapeyrousianum Gutermann in Oesterr. Bot. Z., 122: 268, 1974 Papaver pinnatifidum Moris, Fl. Sardoa, 1: 74, 183) Papaver rhoeas L., Sp. Pl., 507, 1753 Papaver rupifragum Boiss. & Reut., Pugill. Pl. Afr. Bor. Hispan., 6, 1852 Papaver somniferum L., Sp. Pl. 508 (1753), as durmideiras Papaver somniferum subsp. setigerum (DC.), Arcang., Comp. Fl. Ital. 25, 1882 Papaver somniferum subsp. somniferum L., Sp. Pl., 508, 1753 Papaver stipitatum Fedde in Engl., Pflanzenr., 40: 322, 1909 (=Papaver guerlekense Stapf) - Citada recentemente en Menorca sobre a base dun prego pouco maduro; presenza por confirmar. Considerada até agora como un endemismo dunha illa do mar Exeo (Creta). Papaver dubium x Papaver rhoeas Papaver dubium x Papaver somniferum Papaver rhoeas x Papaver somniferum Tamén están presentes un par de especies asiáticas que se cultivan como ornamentais: Papaver orientale L. e Papaver bracteatum Lindl.
Galería de imaxes
Notas