Cayetano Santos Godino, máis coñecido polo alcume El Petiso Orejudo, nado en Buenos Aires o 31 de outubro de 1896 e finado no cárcere de Ushuaia o 15 de novembro de 1944, foi un asasino en serie, un dos meirandes sociópatas na historia da Arxentina; a comezos do século XX foi responsable da morte de catro cativos, de sete intentos de asasinato, e do incendio de sete edificios.
A súa historia foi levada ao cinema en 2007 polo cineasta Jorge Algora (Madrid, 1963), co título O neno de barroFoi unha coprodución galego-arxentina.; el Petiso Orejudo foi representado polo actor Abel Ayala (1988).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Vallejos, Marcelo (1993): «Los crímenes del Petiso Orejudo», na revista Todo es Historia, n.º 312, pág.; 1993.
Categoría:Asasinos en serie Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Nados en Buenos Aires