Conduce Rápido é unha novela negra de Diego Ameixeiras editada en 2014 por Edicións Xerais de Galicia. Conta a historia de dous irmáns de Santiago de Compostela despois de que un deles atope un saco de lona con cocaína nunha praia. No ano 2015 acadou o Premios Losada Diéguez de creación literaria. O título do libro é unha chiscadela ao disco Conducir despacio, do grupo ourensán Cosecha Roja.

Trama Os feitos ocorren arredor da cidade de Santiago de Compostela, onde vive Erika, unha rapaza nova, co seu irmán Samuel. Ambos os dous móvense nun ambiente marxinal no que vai aumentando a violencia segundo transcorre a historia. Unha das causas desta situación é abandono da súa nai para fuxir co home do cal está namorada. A falta de diñeiro para sobrevivir fai que os irmáns cheguen a roubar e mesmo a prostituírse. Un saco de lona envolto cunhas cordas aparece nunha praia galega con 10 quilos de cocaína. Bruno, un traficante de pouca monta, pídelle axuda a Samuel para distribuíla. Os irmáns ven unha oportunidade para saíren do ambiente marxinal. O azar do destino fará que Ventura, un narcotraficante con problemas co xogo, entre na vida dos irmáns para axudalos.

Crítica

Traducións Ao castelán polo propio autor co título de Conduce rápido publicado en 2017 por Editorial Akal, Serie negra Ficha en BiTraGa.

Notas

Categoría:Obras literarias de 2014 Categoría:Novelas en galego Categoría:Novelas ambientadas en Galicia Categoría:Novela negra en galego Categoría:Obras literarias de Diego Ameixeiras Categoría:Edicións Xerais de Galicia