miniatura|Manuel Azaña aprobou en 1933 a Lei A Lei de vagos e maleantes foi unha lei do código penal español de 4 de agosto de 1933, referente ao tratamento de vagabundos, nómades, proxenetas e calquera outro elemento considerado antisocial. Posteriormente foi modificada para reprimir tamén a homosexualidade. Tamén coñecida popularmente como a Gandula, a lei foi aprobada por consenso de todos os grupos políticos da Segunda República para o control de esmoleiros, rufiáns sen oficio coñecido e proxenetas.
Por ser unha lei que non sancionaba delitos (tentaba evitar a comisión futura dos mesmos), non incluía penas, senón medidas de afastamento, control e retención dos individuos suntuosamente perigosos ata determinarse que pasara o perigo. Así establecida podía ser utilizada arbitrariamente para a represión das persoas sen recursos.
Modificacións
A lei foi modificada polo réxime franquista para incluír a represión dos homosexuais o 15 de xullo de 1954, como segue (modificacións en grosa):
En 1970 foi substituída e derrogada pola Lei sobre perigosidade e rehabilitación social, de termos moi parecidos, pero que incluía penas de até cinco anos de internamento en cárceres ou manicomios para os homosexuais e demais individuos considerados perigosos sociais para que se rehabilitasen».
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo Lei orgánica sobre protección da seguridade cidadá
Categoría:Segunda República Española Categoría:Franquismo Categoría:1933 Categoría:Leis de España derrogadas Categoría:Homofobia