Ailurops ursinus é unha especie de mamífero marsupial australidelfo da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos, familia dos falanxéridos e subfamilia dos ailuropinos.Ailurops ursinus en MSW.Ailurops ursinus (Temminck, 1824) no ITIS. unha das dúas que integran o xénero Ailurops, o único da subfamilia.Ailurops en MSW.Ailurops Wagler, 1830 no ITIS.

Características Dimensións

Ailurops ursinus ten unha lonxitude de cabeza e tronco duns 56 cm, unha cola, prénsil, duns 54 cm de lonxitude e un peso de até os 7 kg.Novak, Ronald M. (1999).

Aparencia Presenta un fociño curto e pequenas orellas peludas.A capa está formada por unha pelaxe suave e laúda cuberta por pelos longos e grosos que a protexen, e pode ser de cor negra, gris ou parda, con tonalidades máis claras no abdome e nas extremidades. A coloración pode variar segundo a distribución xeográfica e a idade do animal.A cola, prénsil e carente de pelo na súa poción distal, é case tan longa como o resto do corpo, e o animal utilízaa, xunto coas patas dianteiras (con dous dedos opoñíbeis) e a sindactilia dos pés das traseiras, para desprazarse polas árbores.Xunto co seu parente, o cuscús ursino das Talaud (A. melanotis), é o máis primitivo representante da familia dos falanxéridos, e presenta características primitivas nos dentes e na forma do cranio.Ailurops ursinus na ADW.

Distribución e hábitat O cuscís ursino común está presente na illa Célebes, así como nas veciñas illas de Butung e Peleng, nas illas Togian e, quizais, na illa de Muna.

Vive nos bosques tropicais, desde o nivel do mar até máis de 600 m de altura.

Bioloxía Comportamento Ailurops ursinus adoita vivir en parellas ou en pequenos grupos de tres ou catro individuos.Estritamente arbóreo, móvese lentamente desprazándose dunha árbore a outra grazas á súa cola prénsil e ao forte agarre coas patas dianteiras. Pasa a maior parte do día en repouso e dedica pouco tempo á nutrición e ao aseo do pelo.Crese que ten un comportamento diúrno e nocturno, alternando períodos de actividade con períodos de descanso.

Nutrición A súa alimentación baséase principalmente no consumo de follas, pero tamén pode comer, en menor medida, froitos inmaturos, flores e brotes.

Reprodución As femias paren unha ou dúas crías unha ou dúas veces ao ano. As crías pasan os seus oito primeiros meses de vida dentro do marsupio da nai, e ao saíren del seguen coa súa nai durante un curto tempo. Descoñécese a idade á que alcanzan a madurez sexual.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1824 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck, en Monographies de mammalogie. 1: 10. obra en varios volumes editada por Dufour & d'Ocagne en París e Leiden entre 1827 e 1841. Temminck encadrouna no antigo xénero Phalangista, que describiran en 1795 Étienne Geoffroy Saint-Hilaire e Georges Cuvier, e que hoxe está obsoleto,Genus Phalangista en The Taxonomicon. designándoa co nome de Phalangista ursina.

Sinónimos Posteriormente o xénero Phlangista foi reclasificado no xénero Phalanger, que creara en 1780 Storr, pasando a nosa especie a denominarse Phalanger ursinus (Temminck, 1824). Posteriormente foi trasladada ao xénero Ailurops, polo que chegou ao seu nome actual Ailurops ursinus (Temminck, 1824). miniatura|Situación das illas Togian.

Subespecies A día de hoxe recoñécense na especie as catro subespecies seguintes: Ailurops ursinus ursinus Temminck, 1824, distribuída en Célebes setentrional; Ailurops ursinus flavissimus Feiler, 1977, que se encontra en Célebes centrooriental e en Peleng; Ailurops ursinus furvus Miller & Hollister, 1922, que vive en Célebes central e meridional, e Ailurops ursinus togianus Tate, 1945, recluída nas illas Togian.

Estado de conservación A pesar de ser intensamente cazados pola súa carne, o cuscús ursino común é aínda moi numeroso nalgunhas áreas, pero a diminución da súa poboación producida nos últimos anos fixo que a UICN cualificara a especie como VU (vulnerable). Á parte da caza, a poboación desta especie está ameazada pola destrución do seu hábitat e á captura de exemplares que se usan como animais de compañía.Salas, L., Dickman, C., Helgen, K. & Flannery, T. (2008): Ailurops ursinus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.e

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Recensión por Frederick S. Szalay no Journal of Vertebrate Paleontology. Vol. 19, Nº 1 (Mar. 15, 1999), pp. 191–195. Novak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World, 6th edition. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.

Outros artigos Ailurops

Ligazóns externas Ailurops ursinus en Fossilworks. Ailurops ursinus (Temminck, 1824) no ITIS. Ailurops ursinus na ADW. Con moi ampla información e bibliografía Ailurops ursinus na EOL. Con ampla información e varias imaxes

Categoría:Marsupiais Categoría:Animais descritos en 1824