Michał Kwiatkowski, nado en Dzialyn o 2 de xuño de 1990, é un ciclista profesional polonés. Actualmente corre para o equipo ProTeam Sky.
Traxectoria En 2010 deu o paso ao profesionalismo ao debutar co equipo español Caja Rural. En 2011 fichou polo equipo Team RadioShack e, tras a fusión deste co Leopard-Trek, pasa ao Omega Pharma-QuickStep. O ano 2013 supuxo a súa explosión como ciclista no pelotón internacional, ano no que recibiu o alcume de Tigre do Báltico.
2014: explosión e campionato mundial Comeza a tempada 2014 vencendo nun dos catro trofeos da Challenge Ciclista a Mallorca. Despois consegue a Volta ao Algarve, por diante de corredores como Alberto Contador e Rui Costa, así como dúas etapas, a primeira nun ataque a falta de seis quilómetros de meta, e a segunda nunha exhibición contra o reloxo onde lograría quedar por diante de Adriano Malori e do seu compañeiro de equipo e grande especialista, Tony Martin.
A continuación obtería a súa primeira vitoria en Italia ao derrotar ao eslovaco Peter Sagan na Strade Bianche, con quen escapou do pelotón a falta de 20 quilómetros. Na última pendente e a falta de 400 metros a meta Kwiatkowski atacou a Sagan e chegou á meta en solitario,con 19 segundos de renda sobre o seu compañeiro de escapada. Na Volta ao País Vasco rematou segundo na clasificación xeral por detrás de Alberto Contador. Nas Clásicas das Ardenas foi terceiro, tanto na Lieja-Bastoña-Lieja como na Frecha Valoa. Tamén acadaría o quinto lugar na Amstel Gold Race.
En xuño proclamouse campión de Polonia contra o reloxo, estreando o maillot que o acreditaba como tal nun dos seus principais obxectivos: o Tour de Francia. Nesta carreira o seu obxectivo era rematar entre os dez primeiros da clasificación xeral, mais non o lograría, quedando vixésimo oitavo e coa sensación de que as carreiras de tres semanas non eran o seu forte.
Ao final da tempada 2014 gañou o Campionato do Mundo en Ruta en Ponferrada (España), logrando así o maillot arco-iris con tan só 24 anos. Obtívoo tras un ataque nos quilómetros finais e cun gran ritmo na última subida, o que lle permitiu aínda maiores diferenzas. Desta maneira chegaba á meta a tan só un segundo dun grupo perseguidor formado por Simon Gerrans e Alejandro Valverde, segundo e terceiro respectivamente, entre outros e a sete segundos do pelotón. Isto supuxo un fito para o seu país, converténdose no primeiro polaco en gañar un campionato do mundo en ruta elite.Kwiatkowski, oro a los 24: “Me he encontrado fantástico” biciciclismo.com
2015 En abril consegue a Amstel Gold Race despois de ser quinto en 2014 e cuarto en 2013, gañando nun sprint ao español Alejandro Valverde e ao australiano Michael Matthews. Desta maneira é o primeiro polaco en gañar esta carreira e, ademais, vestido de arco da vella.Kwiatkowski da otro paso “muy grande” biciciclismo.com
No mes de setembro o equipo británico Team Sky anuncia a fichaxe de Kwiatkowski para o 2016Michał Kwiatkowski es nuevo corredor del Team Sky biciciclismo.com.
Palmarés 2009 1 etapa do Tour de Eslovaquia 2012 1 etapa dos Tres Días de Flandres Occidental 2º no Campionato de Polonia Contra o reloxo 15x15px 20x20px 2013 2º no Campionato de Polonia Contra o reloxo 15x15px 20x20px Campionato de Polonia en Ruta 15x15px 20x20px 2014 1 trofeo da Challenge Ciclista a Mallorca (Trofeo Serra de Tramuntana) Volta ao Algarve, máis 2 etapas Strade Bianche 1 etapa do Tour de Romandía Campionato de Polonia Contra o reloxo 15x15px 20x20px 1 etapa da Volta a Gran Bretaña Campionato Mundial en Ruta 15x15px 20x20px 2015 1 etapa da París-Niza Amstel Gold Race 2016 E3 Harelbeke
Resultados en grandes voltas e campionatos do mundo Durante a súa carreira deportiva acadou os seguintes postos nas Grandes Voltas e nos campionatos do mundo: Carreira201020112012201320142015Giro de Italia - -51º - - -Tour de Francia - - -11º28ºAb.Vuelta a España - - - - - -Mundial en Ruta24x24px -11º -Ab.1º8º -: non participa
Ab.: abandono
Equipos Caixa Rural (2010) Team RadioShack (2011) Omega Pharma/Etixx (2012) Omega Pharma-QuickStep (2012-2014) Etixx-Quick Step (2015) Team Sky (2016-)
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Cuiavia-Pomerania Categoría:Ciclistas olímpicos de Polonia Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2024