A macela do CasaioNome vulgar galego en Guía de plantas medicinais de Galicia, Vigo, Galaxia, 1996 e Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 Santolina rosmarinifolia é un gamallo recendente planta do xénero das santolinas, na familia das asteráceas. Non é unha macela verdadeira. miniatura|313x313px|Detalle da inflorescencia miniatura|240x240px|Vista da planta

Descrición Planta subarbustiva de clima mediterráneo.

Ramas novas pouco ou nada leñosas, herbáceas, verdes. Follas moi alongadas, lineares, rugosas, marxe con pequenos lóbulos ou dentes, de cor verde intenso ou verde-agrisado polo feixe e esbrancuxadas polo envés. Inflorescencia en capítulos terminais solitarios, amarelos e de moita densidade. Brácteas aquilladas, papiráceas e laciniadas. Floración de primavera a verán segundo zonas e altitude.

Usos e coidados

É unha planta perenne que atura moi ben as condicións secas dalgunhas zonas da Península Ibérica. Utilízase en xardinaxe xa que permite aforrar auga, pois se adapta moi ben ás condicións xéricas extremas. Doutra banda a súa floración é moi espectacular, pois de cada talo xorde unha flor composta de cor amarela.

Hábitat Lugares pedrentos e areentos, rochedos secos. É unha planta asociada ás formacións de aciñeiras con matogueiras pouco densas e pastos de zonas montañosas até 1700 msnm .

En castelán chámanlle bolinares ás matogueiras de pequeno porte nos que aparece esta especie. Son plantas frecuentes nestas formacións: Artemisia campestris, Marrubium vulgare, Chondrilla juncea, Cichorium intybus, Centaurea ornata. Atópanse en desmontes, terrapléns, beirís dos camiños e mesmo en barbeitos de varios anos.

Distribución No Mediterráneo occidental, na Península Ibérica, e no norte de África no Atlas e na Cabilia. É rara en Galiza, podendo aparecer nas zonas máis secas.

Taxonomía Santolina rosmarinifolia foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 842. 1753. Etimoloxía Santolina: nome xenérico que deriva do latín sanctus = "sagrado" e linum = "liño", baseada nun antigo nome dunha especie deste xénero.En Nombres Botánicos

rosmarinifolia: epíteto latino que significa "coas follas do romeu".En Epítetos Botánicos Sinonimia Santolina rosmarinifolia subsp. pectinata (Lag.) Maire Santolina pectinata Lag. Santolina chamaecyparissus ssp. pectinata (Lag.) Bonnier & Layens Santolina variifolia Salisb. Santolina tuberculosa Lam. Santolina chamaecyparissus subsp. viridis Rouy Santolina pectinata Lag. Santolina rosmarinifolia subsp. canescens (Lag.) Nyman Santolina rosmarinifolia subsp. rosmarinifolia Santolina viridis Willd. Notas

Véxase tamén Outros artigos Santolina (xénero) Historia da Botánica Características das asteráceas

Categoría:Santolina Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Arbustos de Galicia Categoría:Plantas ornamentais