A Confederación muisca foi o tipo de organización político-administrativa que agrupou ós muiscas no territorio central da actual República de Colombia antes da invasión española. As catro unidades político-territoriais confederadas foron: o Zipazgo de Bacatá, o Zacazgo de Hunza, o territorio sagrado de Iraca e o territorio sagrado de Tundama, ademais dun grupo de territorios autónomos.
A Confederación xurdiu cara ao 1450 e subsistiu até aproximadamente o 1541, ó consolidarse a conquista española das nacións chibchas no territorio central colombiano. Abranguía dende o río Chicamocha, polo norte, até o páramo de Sumapaz, polo sur, e dende Vélez, Facatativá e Zipacón, polo oeste, até a Cordilleira Oriental, veciña coas chairas de Meta e o Casanare, polo leste.Uricoechea, Ezequiel. Gramática de la lengua muisca. Introdución. París, 1871.
Poboación Descoñécese en gran medida o número de habitantes que conformaban a Confederación muisca, por mor de non existir censos confiables. Algo semellante ocorre en todo o continente. Existen tres correntes principais sobre a poboación muisca prehispánica:
Corrente baixista: De acordo cos cálculos de Rosemblat, a poboación muisca era de 300 000 a 500 000.Muiscas: representaciones, cartografías y etnopolíticas de la memoria P.75-77 Actualmente estes cálculos son moi criticados, aínda que no seu tempo foron aceptados. Corrente moderada: Esta corrente foi produto das investigacións de historiadores colombianos que consideraron a anterior demasiado baixa. Segundo estes, os muiscas eran de 800 000 a 1 200 000 persoas,Colombia: país fragmentado, sociedad dividida: su historia P.43 pero coa invasión española reduciuse a 650 000. Corrente alcista: A máis recente hipótese, apoiada por varios expertos, estima en 2 a 3 millóns, aínda que coa invasión española se tería reducido a 1,5 millóns.Cálculo de Tovar Pinzón sobre a poboación indíxena en 1560, que estima en 1.500.000 indíxenas. Véxase Melo: Historia (P. 63-69) e en Estado actual de los estudios de la demografía histórica de Colombia (P.65-140).
Xerarquía social Os muiscas estimaban moito a pureza do sangue, polo que as familias nobres procuraban non mesturarse xamais cos plebeos, e menos aínda cos pobos das terras quentes, ós que consideraban bárbaros e inferiores.Restrepo, Vicente. Los chibchas antes de la conquista española. (Bogotá, Imprenta de la Luz, 1895) Capítulo VIII No seo de todas as familias muiscas aplicábase o sistema de sucesión matrilineal, e o zipa só nomeaba novos uzaques cando non había ningún herdeiro natural, en cuxo caso nomeaba a un xeneral dos güechas.Uricoechea, Ezequiel. Gramática, vocabulario, catecismo y devocionario de la lengua chibcha. (París, Maison Neuve, 1871) Introdcción, p. XXVIII
No muysccubun hai un amplo vocabulario para designar os rangos de xerarquía, organizada, en termos xerais, da seguinte maneira:
miniatura|Algúns ornamentos dun gobernante muisca no Museo do Ouro de Bogotá.
Zipa ou Zaque: Gobernante absoluto do Zipazgo ou do Zacazgo. Psihipqua: Príncipe de sangue (herdeiro do trono). Uzaque: Nobre de sangue pura con poder feudatario e poder militar. Zibyntyba: Capitán maior, gobernante dunha parcialidade territorial intermedia coñecida como Zybyn. Tybarague: Capitán menor, gobernante dunha parcialidade territorial menor coñecida como Uta. Chyquy: Sacerdote muisca. Pabahue: Amo e señor. Uaia: Ama e señora. Paba: Literalmente: "pai", pero tamén designaba a alguén con autoridade sobre outras persoas. Hue: Señor, ou xefe. Güecha: Guerreiro. Cupqua: Vasalo. Ubata: Servo comisionado para algunha misión especial. Tyuquyne: Mensaxeiro. Chuta: Criado. Bospquaoa: Criado do servizo doméstico.
Gobernantes muiscas
miniatura|A Balsa muisca é unha figura de ouro que representa a cerimonia de El Dorado, que tiña lugar na Lagoa Sagrada de Guatavita. Esta peza atópase no Museo do Ouro de Bogotá, e é considerada un símbolo de Colombia e da identidade cultural dos colombianos. Banco da República de Colombia. Museo do Ouro. Detalles da Balsa Muisca.
Zipas de Bacatá:
ZipaAnos de reinado Meicuchuca c. 1450-1470 Saguamanchica 1470-1490 Nemequene 1490-1514 Tisquesusa 1514-1538 Zaquesazipa 1538-1539
Zaques de Hunza:
ZaqueAnos de reinado Hunzahúa - Michuá ata 1490 Quemuenchatocha 1490-1537 Aquiminzaque 1537-1541
Notas
Véxase tamén Bibliografía Enciclopedia de Colombia. (Editorial Océano. Tomo 2. Barcelona, España 2002). Enciclopedia Colombia a su Alcance. (Espasa Siglo XXI. Tomo 1 Bogotá, Colombia 2003). Historia de Colombia. Tomo 1 (Zamora Editores, Bogotá, Colombia 2003). Gran Enciclopedia de Colombia Temática. (Tomos 1 e 11 Círculo de Lectores, Bogotá, Colombia 1994). Fundación Misión Colombia: HISTORIA DE BOGOTÁ, Conquista y Colonia. (Tomo 1 Salvat-Villegas editores, Bogotá, Colombia 1989).
Categoría:Pobo muisca Categoría:Historia de Colombia