miniatura|320px|Vista panorámica da capital de Colombia, Bogotá, cidade situada en parte do territorio coñecido polos muiscas como Bacatá. Bacatá (en ou Muequetá) foi un dos cinco Zybyn que conformaban o territorio do Zipazgo, na Confederación muisca. A súa capital era o Uta de Funza,Itinerario étnico de la personalidad histórica de Colombia. Volume II, "Época Prehispánica". (Procuraduría Xeral da Nación. Instituto de Estudos do Ministerio Público. Bogotá, 2010), p. 15. que á súa vez era a capital do Zipazgo.Sánchez Cabra, Efraín. Los Muiscas (Banco da República de Colombia, Bogotá, 2007), p. 2. ISBN: 978-958-664-196-8 O territorio do Zybyn de Bacatá abranguía boa parte da actual sabana de Bogotá, e precisamente da verba Bacatá provén o nome da actual cidade de Bogotá, capital da República de Colombia. O conquistador español Gonzalo Jiménez de Quesada fundou no territorio de Bacatá a cidade de Santafé de Bogotá o 6 de agosto de 1538, capital do Novo Reino de Granada, e posteriormente do Vicerreinado de Nova Granada.

O Zybyn de Bacatá era o de maior importancia no Zipazgo, non só polo número de Uta adscritos ó seu dominio, senón tamén porque Funza, a súa capital, era a residencia oficial e sede do goberno do Zipa, supremo gobernante do Zipazgo.

Os habitantes do zipazgo foron chamados xenericamente polos españois como "bacataes", por mor da importancia político-administrativa deste territorio. Tamén o Zipa foi chamado, ocasionalmente, "Bacatá".Langebaek Rueda, Carl Henrik. Muiscas: representaciones, cartografías y etnopolíticas. (Editorial Pontificia Universidad Javeriana, Bogotá, 2005) p. 209. ISBN: 958-683-643-6

Etimoloxía A verba Bacatá significa en muysccubun (lingua muisca), "fóra da labranza", e componse dos termos bac, fac, ou faqui (lugar externo).Dicionario Muysccubun / fac e ta (labranza, horta ou sementeira), Segundo outras versións, Bacatá significa "remate ou límite da labranza".Langebaek Rueda, Carl Henrik. Muiscas: representaciones, cartografías y etnopolíticas. (Editorial Pontificia Universidad Javeriana, Bogotá, 2005) p. 283. ISBN: 958-683-643-6Langebaek Rueda, Carl Henrik. Muiscas: representaciones, cartografías y etnopolíticas. (Editorial Pontificia Universidad Javeriana, Bogotá, 2005) p. 213. ISBN: 958-683-643-6

Muyquyta (ou Muequetá) quere dicir "labranza do campo", e era outro nome do Uta de Funza.Dicionario Muysccubun / muyquyta A palabra Muyquyta componse dos termos muyquy (campo)Dicionario Muysccubun / muyquy e ta (labranza, horta ou sementeira).Dicionario Muysccubun / ta

Segundo algúns autores, Bacatá ("fóra da labranza") foi o nome dado a Muyquyta (Funza) para diferencialo do poboado español, chamado Santafé, e sería posteriormente cando se unirían os dous nomes en "Santafé de Bogotá".Langebaek Rueda, Carl Henrik. Muiscas: representaciones, cartografías y etnopolíticas. (Editorial Pontificia Universidad Javeriana, Bogotá, 2005) p. 285. ISBN: 958-683-643-6

Territorio miniatura|430px|Detalle do mapa da cidade colonial de Santafé de Bogotá, feito por José Aparicio Morato en 1772. A cidade de Bogotá, capital de Colombia, foi construída sobre o territorio muisca do Zybyn de Bacatá, cuxa capital, Funza (ou Muyquyta), era tamén a capital do Zipazgo.

As UtaUta é unha palabra en muysccubun que ten significación tanto de singular como de plural, polo que o termo "utas", para designar o plural, sería unha castelanización incorrecta. adscritas ó Zybyn de Bacatá eran:

Funza (Muyquyta) Chía Engativá Fontibón Facatativá Tenjo Subachoque Tabio Cota Cajicá Zipaquirá Nemocón Bosa Zipacón Soacha

Notas

Véxase tamén Outros artigos Muiscas Confederación muisca Zipa Historia de Bogotá

Categoría:Bogotá Categoría:Confederación muisca Categoría:Pobo muisca