Sleepwalking é un filme do ano 2008 protagonizado por Nick Stahl, AnnaSophia Robb e Charlize Theron (quen tamén o produce). É un guión orixinal de Zac Stanford e foi o primeiro filme dirixido por William Maher. A rodaxe comezou en outubro de 2006 en Moose Jaw e Regina, Saskatchewan, Canadá baixo o título de Ferris Wheel. Filmouse en 29 días, ás veces a temperaturas baixo cero. O filme presenta a canción "Come On, Come Out" de A Fine Frenzy. Estreouse no Festival de Cinema de Sundance de 2008, o 22 de xaneiro.

Sinopse Céntrase nos momentos que un home de 30 anos pasa coa súa sobriña de 12 despois de que esta fose abandonada pola súa nai, a irmá do home. A rapaza é acollida polo estado despois de que o home perdese o traballo e a casa. Os dous foxen por estrada en coche até a facenda do pai, un lugar ao que os irmáns nunca pensaron en regresar.

Elenco AnnaSophia Robb como Tara Reedy Nick Stahl como James Reedy Charlize Theron como Joleen Reedy Woody Harrelson como Randall Dennis Hopper como Mr. Reedy Deborra-Lee Furness como Danni Mathew St. Patrick como Detective #1

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Official website

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes producidos por Charlize Theron Categoría:Filmes rodados no Canadá Categoría:Filmes de Overture Films