O topónimo e apelido Quesada pode referirse a:
Quesada, concello andaluz da Provincia de Xaén. Gonzalo Jiménez de Quesada (Granada 1509 - Colombia 1579), conquistador. Carlos Quesada Porto (Ourense 1931 - 2017), pintor, gravador, debuxante, caricaturista e ilustrador. Antonio Quesada Porto (Ourense 1932 - Vigo 2015), pintor. Fernando Quesada Porto (Ourense 1933 - Vigo 2016), viñetista e pintor. Heriberto Quesada Porto (Ourense 1935 - Madrid 2020), xornalista e empresario. Xaime Quesada Porto, artisticamente Xaime Quessada, con dous "s" (Ourense 1937 - Ourense 2007), artista plástico e escritor. Fernando Quesada Castro, catedrático de Filosofía Política da UNED. María Fe Quesada Rodríguez (Zamora 1957), ilustradora, filla de Antonio. Marieta Quesada Legido (Vigo 1962), pintora, filla de Fernando Quesada Porto. Fernando Quesada Sanz (1962), catedrático de Arqueoloxía da UAM. Xaime Quesada Blanco (Ourense 1975 - 2006), artista plástico, fillo de Xaime.