O Beato Hryhorii Lukych KhomyshynTamén Gregor Khomysyn, Gregory Chomyshyn, Gregory Khomyshyn, Grzegorz Chomyszyn, Hryhorij Khomyshyn, Hryhorij Khomysyn, Hryhory Khomyshyn e Hryhory Khomysyn. (en ; en ), nado o 25 de marzo de 1867 en Hadynkivtsi (Reino de Galicia e Lodomeria) e finado o 17 de xaneiro de 1947 na prisión de Lukyanivka (RSS de Ucraína) foi un eclesiástico grecocatólico ucraíno, bispo de Stanislaviv dende 1904 até o seu pasamento, e hieromártir beatificado por Xoán Paulo II. Traxectoria Khomyshyn naceu o 25 de marzo de 1867 na aldea de Hadynkivtsi, na Galicia oriental (hoxe na rexión de Ternopil, Ucraína) Logo de formarse no seminario, foi ordenado sacerdote o 18 de novembro de 1893. Posteriormente estudou Teoloxía na Universidade de Viena entre 1894 e 1899, e en 1902 o metropolita de Galicia Andrei Sheptytskyi nomeouno reitor da Academia Teolóxica de Lviv.
O 6 de maio de 1904 foi nomeado bispo de Stanislaviv, e recibiu a consagración episcopal o 19 de xuño de mans do metropolita Sheptytskyi, e tendo como principais co-consagradores ao arcebispo latino de Lviv Józef Bilczewski, ao arcebispo armenio de Lviv Józef Teodorowicz, e ao bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok Kostiantyn Chekhovych. Durante o seu mandato de máis de catro décadas, foi considerado a segunda figura máis influente da Igrexa Católica Ucraína.
A diferenza de Sheptytskyi, Khomyshyn cría que a ICBU debía adoptar unha orientación máis occidentalizada, enfatizando aínda máis a relación da Igrexa coa Santa Sé. Isto significou a introdución de prácticas latinizadas como o calendario gregoriano e unha adhesión estrita ao celibato clerical, que provocaron controversia na súa diocese.
Durante a década de 1930 Khomyshyn promoveu o Partido Popular Católico Ucraíno, nacionalista moderado, que acadou representación no Sejm e no Senado. Foi tamén coñecido pola súa oposición ao antisemitismo e a súa tolerancia referente aos xudeus galicianos, probabelmente grazas á súa propia experiencia como parte da minoría ucraína de Polonia. Como resultado da súa postura moderada cara ao nacionalismo ucraíno, foi acusado de "traizón" pola OUN, facéndolle temer pola súa vida.
Khomyshyn foi detido por primeira vez en 1939 polo NKVD. Crítico do sistema soviético, tendo chamado ás forzas de ocupación "bestas feroces animadas polo espírito do diabo", foi detido de novo en abril de 1945, e entón deportado a Kíiv. Na prisión, foi torturado e coaccionado para renunciar á Unión de Brest, o que se negou a facer.
Morreu no hospital da prisión de Lukyanivska de Kíiv o 17 de xaneiro de 1947, logo de ser torturado nun interrogatorio.
Culto O papa Xoán Paulo II beatificouno o 27 de xuño de 2001 na súa visita pastoral a Ucraína, xunto a Mykolai Charnetskyi e compañeiros mártires.Os outros mártires da Igrexa Católica Ucraína beatificados canda el foron: os bispos Yosafat Kotsylovskyi, Symeon Lukach, Vasyl Velychkovskyi, Ivan Sleziuk, Nykyta Budka e Hryhorii Lakota; os presbíteros Mykola Konrad, Andrii Ishchak, Roman Lysko, Mykola Tsehelskyi, Petro Verhun e Oleksii Zarytskyi; os relixiosos Yakym Senkivskyi, Severiian Baranyk, Zenon Kovalyk, Vitalii Bairak e Ivan Ziatyk; as relixiosas Tarsykiia Matskiv, Olimpiia Bida e Lavrentiia Harasymiv; e o laico Volodymyr Pryima. Tamén foron beatificados os bispos grecocatólicos rusos Leonid Fedorov e Klymentii Sheptytskyi; e o bispo ruteno Teodor Romzha.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Blessed Hryhorii Khomyshyn en CatholicSaints.info Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Nados no distrito de Husiatyn Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Beatos do catolicismo Categoría:Asasinados polo réxime soviético