Matías Tudela Perret, nado o 6 de outubro de 1984 en Valencia (España), é un xogador de rugby, internacional coa selección absoluta, e capitán do equipo nacional de rugby a 7 que disputou os Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro. A nivel de club, despois de varios anos xogando en Madrid e Ordizia, dende 2015 xoga e adestra no Tatami Rugby Club da División de Honra B, equipo no que se formou dende cativo. O seu irmán máis novo Joan Tudela Perret tamén e internacional absoluto coa selección española de rugby.
Traxectoria Matías Tudela comezou a xogar ó rugby con sete anos de idade no Tatami Rugby Club da súa cidade natal, club no que xa xogara o seu pai Jose Luis Tudela "Jim", que tamén foi adestrador do primeiro equipo. En 2004 deixou o seu club de toda a vida, que competía en ligas rexionais, e botou unha tempada no Club de Rugby Les Abelles acabado de ascender á segunda división. Un ano despois marchou a Escocia e xogou unha tempada no Heriot's Rugby Club de Edinburgh, un dos equipos máis importantes da Scottish Premiership. Xa en 2006 volveu a España e uniuse ó proxecto do Club de Rugby CRC Pozuelo (o antigo Real Canoe da capital española) e nese equipo xogou durante catro tempadas, acadando o título de liga en 2008/09 ás ordes do adestrador francés Regis Sonnes despois do subcampionato en 2006/07, e dúas Copas do Rei en 2007/08 e 2008/09, así como a primeira e única edición da Liga Superibérica coa franquía dos Gatos de Madrid. Durante a súa estancia no CRC tamén debutou coa selección nacional na tempada 2007/08, e xogou na segunda competición continental como parte do Olympus XV,Palumbo, Acevedo y Matías Tudela vuelven a la lista del Olympus XV Madrid, artigo no xornal deportivo Marca. franquía creada en 2009/10 pola Federación Española de Rugby para esa competición. Os problemas económicos levaron ó CRC a un descenso administrativo trala tempada 2009/10, e como consecuencia moitos xogadores marcharon, entre eles Matías Tudela, que asinou co Ordizia Rugby Elkartea.Perico Martín y Matías Tudela refuerzan la línea de Ordizia, artigo no xornal deportivo Marca. No equipo guipuscoano xogou entre os anos 2010 e 2013, acadando dous subcampionatos de liga en 2010/11 e 2011/12, e dúas Copas do Rei en 2011/12 e 2012/13. Neses anos foi un membro fixo do equipo nacional de rugby a 7 que participou nas Series Mundiais durante dúas tempadas (2012/13 e 2013/14). Nesa tempada 2013/14 Tudela uniuse ó Club de Rugby Cisneros da capital española,Complutense Cisneros presenta un proyecto muy ambicioso , artigo no xornal deportivo Marca. levando ó equipo ós seus mellores resultados en 25 anos, e xogando a final da Copa do Rei 2014/15. En 2015 volveu ó seu club de orixe, o Tatami, ocupando o cargo de xogador e adestrador do primeiro equipo,Matías Tudela dirigirá el equipo senior del Tatami, artigo da web especializada "Scream of Rugby"] que acadou ese mesmo ano o ascenso á División de Honra B. En 2016 sucedeu a Pablo Feijoo no posto de capitán do equipo nacional de rugby a 7, que o 19 de xuño de 2016 acadou a clasificación para disputar os Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro.El 'Seven' español va a los Juegos de Río, artigo no xornal deportivo Marca. No torneo olímpico acadou o décimo posto. Clubs Tempada(s)ClubCidadeLiga2003/04 Tatami R.C.ValenciaRexional valenciana2004/05 C.R. Les AbellesValenciaDivisión de Honra B2005/06 Heriot's R.C.EdimburgoScottish Premiership2006/07 C.R.C. MadridPozueloDivisión de Honra2007/08 C.R.C. MadridPozueloDivisión de Honra2008/09 C.R.C. MadridPozueloDivisión de Honra Gatos de MadridMadridLiga Superibérica2009/10 C.R.C. MadridPozueloDivisión de Honra Olympus XVMadridChallenge Cup2010/11 Ordizia R.E.OrdiziaDivisión de Honra2011/12 Ordizia R.E.OrdiziaDivisión de Honra2012/13 Ordizia R.E.OrdiziaDivisión de Honra2013/14 C.R. CisnerosMadridDivisión de Honra2014/15 C.R. CisnerosMadridDivisión de Honra2015/16 Tatami R.C.ValenciaRexional valenciana2016/17 Tatami R.C.ValenciaDivisión de Honra B
Palmarés en clubs Liga Española de rugby: 1 título. 1ª posición: 2008/09 2ª posición: 2006/07, 2010/11, 2011/12 Copa do Rei de rugby: 4 títulos. 1ª posición: 2007/08, 2008/09, 2011/12, 2012/13 2ª posición: 2014/15 Outros títulos 2 Supercopas de España: 2008 e 2009 1 Liga Superibérica: 2009 Palmarés coa selección 17 encontros coa selección absoluta. Participación na Copa do Mundo de Seven 2013.España acaba última en su grupo del Mundial de Seven de Moscú, artigo no xornal deportivo Marca. Participación nas Series Mundiais de Seven 2012/13.La selección española parte hacia las IRB Seven World Series, artigo no xornal deportivo Marca. Participación nas Series Mundiais de Seven 2013/14.El novedoso Seven español para las Series Mundiales, artigo no xornal deportivo Marca. Participación nos Xogos Olímpicos de 2016.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas de Matías Tudela en ESPN Perfil de Matías Tudela en Rugby Alcalá
Categoría:Deportistas da Comunidade Valenciana Categoría:Nados en 1984 Tudela Categoría:Xogadores de rugby a 7 olímpicos de España Categoría:Xogadores de rugby a 7 nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Nados en Valencia