O topónimo Bugallal pode referirse a:

En Galiza Bugallal, lugar da parroquia de Ferreira de Negral, no concello de Palas de Rei; O Bugallal, lugar da parroquia de Brocos, no concello de Agolada; O Bugallal, lugar da parroquia de Armentón, no concello de Arteixo; O Bugallal, lugar da parroquia de Lira, no concello de Salvaterra de Miño.

Amais, como apelido pode referirse a:

José Ramón Bugallal, político galego (1818-1891); Saturnino Álvarez Bugallal, avogado, xornalista e político galego (1834-1885); Benigno Álvarez Bugallal, militar e político galego (1837-1894); Isidoro Bugallal, avogado e escritor galego (1854-1914); Darío Bugallal Araújo, notario e político galego (1863-1948); Javier Bugallal Pérez de Castro, escritor galego, fillo de Isidoro (1888-1911); Luis Usera Bugallal, avogado, empresario e político español (1890-1958); José Luis Bugallal Marchesi, xornalista e escritor galego (1899-1989)

Como representantes do Condado de Bugallal: Gabino Bugallal, segundo Conde de Bugallal, avogado e político galego (1861-1932); Matilde Bugallal, terceira Condesa de Bugallal, nobre galega (f. 1932), filla do anterior; María del Carmen Bugallal, cuarta Condesa de Bugallal, nobre galega (f. 1968), irmá da anterior; José Ramón Fernández-Bugallal, quinto Conde de Bugallal, político e empresario galego (f. 2007), fillo da anterior; Cristina Fernández-Bugallal, sexta Condesa de Bugallal, nobre galega, filla do anterior.

Véxase tamén Outros artigos

Condado de Bugallal, título nobiliario creado en España o 2 de marzo de 1896 e aínda vixente, e orixinariamente radicado en Galiza.