A selección española de seven é o equipo que representa á Federación Española de Rugby a nivel internacional nas diversas competicións de rugby a 7 organizadas pola World Rugby e por Rugby Europe. Os éxitos máis salientables da selección foron as participacións nas Series Mundiais de 2012/13 e 2013/14 e a clasificación para os Xogos Olímpicos de 2016, así como a participación en varias Copas do Mundo.

Xogadores A modalidade de "rugby a 7" ou "seven" aceptouno o COI en 2009 como deporte olímpico, e dese xeito os xogadores integrantes da selección poden optar a axudas especiais como as bolsas ADO baixo unha serie de condicións, e nese caso poden adicarse ó seu deporte de xeito profesional, cousa non moi habitual no rugby español.

En 2016 o grupo de xogadores con bolsa ADO que integran a selección española de seven está composto por: Matías Tudela (Capitán) Pablo Feijoo César Sempere Ignacio Martín Francisco Hernández Marcos Poggi Ángel López Pol Pla Joan Losada Ignacio Villanueva Igor Genua Víctor Sánchez Glen Rolls Outros xogadores sen bolsa ADO habituais nas convocatorias do seleccionador José Ignacio Inchausti son: Javier Carrión Pablo Fontes Perico Martín

Categoría:Seleccións de rugby Categoría:Seleccións deportivas de España