Xosé IX Pedro al-Khasin (en , Yuwsuf Butrus al-Khasin), nado en Axaltun (Líbano) en 1791 e finado o 3 de novembro de 1854, foi o 69º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 18 de agosto de 1845 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita. Traxectoria Naceu no seo dunha familia importante entre os maronitas, a familia Khasin, que gobernaba o distrito de Kisruan. A familia tiña o privilexio de nomear bispos para tres sés episcopais, e Yusuf foi nomeado bispo de Trípoli en 1830. Recibiu a consagración episcopal o 6 de abril, de mans do patriarca Xosé VIII Pedro Hubaix.

Categoría:Nados en 1791 Categoría:Nados na gobernación do Monte Líbano Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Bispos da Igrexa católica maronita Categoría:Patriarcas maronitas de Antioquía Categoría:Finados en 1854