A estación de Altsasu-Pueblo é un apeadoiro ferroviario de Adif situado na localidade de Altsasu, en Navarra. É a segunda estación do municipio, por detrás da estación de Altsasu. Dispón de servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 231,4 da liña férrea Castejón-Altsasu a 520 metros de altitude.Alsasua-Pueblo (Apd.) Euroferroviarios
Historia A estación foi aberta ao tráfico o 22 de xuño de 1865 coa apertura do tramo Irurzun-Altsasu da liña férrea que pretendía unir Zaragoza con Navarra por parte da Compañía do Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona.Memoria de Obras Públicas 1884 Esta última non tardaría en unirse coa compañía do ferrocarril de Zaragoza a Barcelona dando lugar á compañía dos Ferrocarrís de Zaragoza a Pamplona e Barcelona.Zaragoza á Pamplona y Alsasua spanishrailway O 1 de abril de 1878 a súa mala situación económica forzouna a aceptar unha fusión con Norte. En 1941 a compañía foi nacionalizada e integrada na recentemente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 26 de xuño de 2016. Liña Trens Orixe/Destino Destino/Orixe 26 Rexional Exprés Vitoria Pamplona Castejón de Ebro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Estación de Altsasu Ligazóns externas Información na páxina web de Adif
Altsasu-Pueblo Categoría:Altsasu