O Parque Nacional Ala Archa é un espazo protexido alpino nas montañas de Tian Shan de Kirguizistán, foi establecido en 1962 e fixa a uns 40 km ao sur de Bixkek. O parque, que inclúe o desfiladeiro do río Ala-Archa e as montañas que o rodean, é un destino popular para excursionistas, sendeiristas, esquiadores, así como os alpinistas que pesquisan retos de xeo e rochas. O parque cobre uns 200 quilómetros cadrados, e a súa altitude varía duns 1500 metros á entrada, a un máximo de 4895 metros no Pico de Semenova Tian-Shanski, o pico máis alto da cordilleira Ala Tau do Tian Shan. Hai máis de 20 glaciares e uns 50 picos de montaña no parque. Amais dous ríos máis pequenos, o Adygene e o Ak-Sai.
En lingua kirguiz, o Archa (Арча), que dá nome ao parque, é un cimbro brillante ou de moitas cores de moita tradición en Kirguizistán, que usando o fume da queima de madeira, os kirguiz escorrentan aos malos espíritos. Malia iso, o archa non se planta preto da casa, porque se cre que mina a enerxía dos poboadores que viven preto do lugar.
Fauna O terreo difícil e a ampla diversidade da vexetación causa unha gran variedade de vida salvaxe. Especialmente rica en composición de especias de aves. No territorio do Parque natural habitan 40 especies de mamíferos e máis de 163 especies de aves. Entre os mamíferos atópanse a cabra montesa, o leopardo das neves, o xabaril, o teixugo, o lobo e a marmota.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Categoría:Parques nacionais de Kirguizistán Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1976