Still Alice é un filme dramático estadounidense dirixido por Richard Glatzer e Wash West que se estreou no 2014. Baséase na novela homónima de Lisa Genova. Está protagonizado por Julianne Moore, que interpreta a Alice Howland, unha profesora de lingüística na Universidade de Columbia que é diagnosticada de Alzhéimer. Alec Baldwin intepreta ó seu home, John, e Kristen Stewart, Kate Bosworth e Hunter Parrish fan dos seus fillos, Lydia, Anna e Tom.
Still Alice tivo unha estrea mundial no festival de Toronto o 8 de setembro de 2014. Recibiu a aclamación da crítica, particularmente pola interpretación de Moore, que gañou o Oscar á mellor actriz, o BAFTA á mellor actriz, o Globo de Ouro á mellor actriz de drama e o Critics' Choice Movie Award á mellor actriz
Personaxes Julianne Moore como Alice Daly-HowlandStill Alice novel Consultado o 25 de xaneiro de 2016 Alec Baldwin como John Howland Kristen Stewart como Lydia Howland Kate Bosworth como Anna Howland-Jones Hunter Parrish como Tom Howland Shane McRae como Charlie Jones Stephen Kunken como Dr. Benjamin Victoria Cartagena como Profesor Hooper Seth Gilliam como Frederic Johnson Daniel Gerroll como Eric Wellman Erin Darke como Jenny Kristin Macomber como Anne Caridad Montanez como Elena
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Wash West Categoría:Filmes rodados no estado de Nova York Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes sobre alzhéimer Categoría:Filmes ambientados en Nova York