Lasarte-Oria é un concello da provincia e territorio histórico de Guipúscoa, no País Vasco. Forma parte da comarca de Donostialdea.
O termo municipal ten unha extensión de 6,01 km². Limita ao norte con Donostia, ao noroeste con Usurbil, ao oeste o río Oria fai de fronteira co enclave donostiarra de Zubieta, ao leste con Hernani e Urnieta e ao sur con Andoain. Tiña en 2015 18.093 habitantes.
O municipio denomínase oficialmente Lasarte-Oria desde a súa fundación en 1986. A denominación composta fai referencia aos dous núcleos históricos que compoñen o municipio: o de Lasarte, que era un barrio situado na confluencia dos termos municipais de Hernani, Urnieta e Usurbil; e o de Oria, que pertencía principalmente a Urnieta, e de cuxa fusión xurdiu o actual municipio.
Demografía
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Concellos de Guipúscoa