Donostialdea é unha comarca do nordés de Guipúscoa, en Euskadi. Engloba os concellos situados nos arredores da capital provincial, Donostia, que tamén é a capital da comarca.
Ocupa a parte baixa das concas dos ríos Urumea, Oiartzun e Oria, aínda que non a desembocadura deste último. Limita polo norte co mar Cantábrico, polo oeste con Urola Kosta, polo leste coa Bidasoaldea, polo sur con Tolosaldea e polo sueste con Navarra, concretamente coa comarca de Leitzaldea.
Ás veces a súa zona oriental é considerada unha subcomarca chamada Oiartzualdea, formada polos concellos de Errenteria, Lezo, Oiartzun e Pasaia.
Concellos Cidade Extensión(km²) Poboación 2014(hab.) Densidade(hab./km²) Andoain 27,17 14.655 539,38 Astigarraga 11,89 5.535 465,51 Donostia 60,89 186.126 3056,76 Errenteria 32,26 39.230 1216,06 Hernani 39,82 19.601 492,24 Lasarte-Oria 6,01 18.082 3008,65 Lezo 8,59 6.007 699,30 Oiartzun 59,71 9.970 166,97 Pasaia 11,34 15.929 1404,67 Urnieta 22,4 6.198 276,70 Usurbil 25,64 6.168 240,56 305,72 327.501 1071,24
Véxase tamén
Categoría:Comarcas de Guipúscoa