Falkonera, () ou Gerakoulia (Γερακούλια) é unha pequena illa grega deshabitada no suroeste do mar Exeo, entre a illa de Milos e o Peloponeso. Aínda que fóra do Golfo Sarónico, en xeral inclúese entre as Illas Sarónicas.
Xeografía
Falkonera atópase no Mar de Mirtos, é administrada como parte da Unidade periférica das illas, que forma parte do municipio de Spetses.. As illas máis próximas son Antimilos 30 quilómetros ao leste, Velopoula 38 km ao noroeste e Milos 42 km ao oeste. Spetses atópase a 78 km ao noroeste e o Peloponeso 70 km ao oeste. O illote marca a cima dun macizo tectónico con dirección ONO-ESE, que separa a conca do Mar de Mirtos ao norte da conca de Creta, ao sur.Noted by P. Nomikou, D. Papanikolaou, M. Alexandri, "Submarine volcanoes along the Aegean Volcanic Arc", in Tectonophysics, 2012 (inglés)
No leste da illa está o cabo chamado Panaghia ton revmaton (Παναγιά των Ρευμάτων), que significa "Virxe das correntes", e no que hai un faro que foi destruído polos alemáns en 1941 e reconstruído logo da segunda guerra mundial. O punto máis alto da illa é de 183 metros sobre o nivel do mar.
Situada no cruzamento das rutas de navegación O Pireo-Chania e Cabo Malea-Esmirna, considérase un perigo para a navegación debido ás fortes correntes circundantes.
Historia
O nome "Falkonera" deriva do italiano "Falconeria", que significa "lugar dos falcóns". Este é tamén o significado do nome grego alternativo, Gerakoulia.
Durante a revolución grega, a illa serviu como punto de unión dos escuadróns de Andreas Miaoulis e Dimitrios Sachtouris antes da campaña de Milos.
Na madrugada do 8 de decembro de 1966, o transbordador SS Heraklion, no camiño da Chania ao Pireo, afundiuse fronte á costa de Falkonera, como resultado perdéronse 217 vidas, 47 superviventes chegaron a Falkonera. Coñecido como o "naufraxio de Falkonera", considérase un dos peores accidentes marítimos da historia grega.
Falkonera forma parte da rede Natura 2000 co código de GR3000011, xunto coas illas próximas deshabitadas de Velopoula e Ananes.Natura 2000 GR3000011 a illa ten dúas zonas de vexetación, unha zona da costa tolerante ao sal e unha zona fora do alcance de néboa salina do tipo denominada phrygana en Grecia, e máis en xeral garriga.Biological character of Falkonera and associated islands.
Referencias
Véxase tamén
Outras illas gregas
Ligazóns externas
Categoría:Illas do Mediterráneo Categoría:Illas de Grecia