O Club de Futbol Gavà é un equipo de fútbol español da cidade de Gavà, na provincia de Barcelona. Fundouse en 1922, federouse en 1929 e actualmente compite na Segunda División B Española.
Historia O 26 de maio de 1921 fúndase o Atlètic Gavà CF, que levaba camiseta e pantalón azul e con raíces en 1916. Ingresa na Federación Catalá de Fútbol en 1922. Empezou xogando en La Rambla e en 1924 no Campo da Roca. En 1926 desapareceu.
En novembro de 1928 nace o FC Gavà e fedérase o ano seguinte. O club viste camisa branca con pescozo e pantalón azuis e xoga no Campo das Colomeres. En 1941 as autoridades franquistas obrigaron a cambiar o nome a CF Gavà. En 1948 adopta o uniforme azulgrana con pantalón azul.
Uniforme Uniforme títular: Camiseta azulgrana, pantalón azul e medias azuis. Uniforme visitante: Camiseta amarela fluorescente, pantalón negro e medias amarelas fluorescentes.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ª B: 9 Tempadas en 3ª: 32
Palmarés Terceira División (1): 2000-01. Subcampión da Terceira División (2): 2001-02, 2015-16.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web
Gava Categoría:Gavà