Por la mañana foi un programa de televisión emitido por La 1 de Televisión Española en horario matinal de luns a venres entre o 5 de setembro de 2002 e o 20 de marzo de 2008.
Formato Dirixido por Alfonso Yunta e presentado por Inés Ballester, nunha primeira etapa, e ata setembro de 2004, contou coa colaboración do cociñeiro Karlos Arguiñano. Ademais no mini-espazo Así son las cosas, Manuel Giménez, ex-policía, realizaba a crónica de sucesos.
No verán de 2007 o programa foi presentado por Silvia Jato. Desde setembro de 2007, Ballester estivo acompañada na presentación polo xornalista Iñaki del Moral en substitución de Manuel Giménez.
O programa combina noticias, información sobre temas de interese, consumo, cociña, crónica rosa, entrevistas e debates.
Audiencias Contou con moi bos datos de audiencia durante as primeiras tempadas. O descenso destes propiciou a cancelación do programa en marzo de 2008 e a súa substitución por Esta mañana, con Pepa Bueno.
Audiencia media segundo datos de TN Sofres. Tempada 2002/03: 25,2% de cota de pantalla e 793.000 espectadores. Tempada 2003/04: 25,0% de cota de pantalla e 933.000 espectadores. Tempada 2004/05: 21,2% de cota de pantalla e 748.000 espectadores. Tempada 2005/06: 21,6% de cota de pantalla e 822.000 espectadores. Tempada 2006/07: 16,7% de cota de pantalla e 624.000 espectadores. Tempada 2007/08: 16,2% de cota de pantalla e 498.000 espectadores.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Esta mañana La mañana de La 1
Categoría:Programas de Televisión Española Categoría:Programas de televisión de variedades de España