miniatura|240x240px|Detalle das flores. miniatura|240x240px|Follas. miniatura|362x362px|Ilustración A seixebra Nome galego no DRAG., Teucrium scorodonia, é unha planta herbácea perenne da familia das Lamiáceas de follas enteiras e flores brancas, amarelas ou avermelladas, agrupadas en inflorescencias. Medra nas zonas temperadas, incluíndo Galiza e adoita usarse coma ornamentalDiccionario Cumio da lingua galega. Vigo, Ed. do Cumio, 1999. Tamén recibe os nomes de ourego bravo e sarxa bravaSinónimos en galego en Termos esenciais de botánica. Universidade de Santiago de Compostela, 2004.

Descrición Arbusto anano viloso, de talos ergueitos e ramosos de até 50 cm ou máis. Follas triangulares-ovadas de baseen forma de corzón, con dentes arredondados, engurrados, peciolados. Flores amarelo-averdadas, raramente brancas ou vermellas, en inflorescencias longas, simples ou ramosas, laxas, espiciformes. Corola de 9 mm, de pelo tipo la, estames moito máis longos. Cáliz acampanado, bilabiado, con labios tomentosos e a metade de longo ca o cáliz, que está curvado e é protuberante no baseamento. Florea a final da primavera e polo verán.

Hábitat e distribución Sotobosque de faiais, sobreirais, caxigais, freixedos, piñeirais, fragas, uceiras, herbeiras, pasteiros montanos, lamazais, lugares húmidos e sombríos, beirís dos camiños e beiras dos regueiros, fendas de rochas, noiros rochosos, lugares abertos e asollados, en substrato silíceo, area ou calcario; medra dende o nivel do mar até 2000 m de altitude. Florea de maio a novembro. Aparece en Galiza e en case toda a Península Ibérica, agás o Levante e o sueste. Distribúese tamén en practicamente por toda Europa, e esténdese até Tunisia polo sur.Teucrium scorodonia en The Euro+Medit PlantBase

Taxonomía Teucrium scorodonia, foi descrita por (Coss. ex Pau) Castrov. & Bayon e publicado en Anales del Jardín Botánico de Madrid 47: 508. 1989. Etimoloxía Teucrium: nome xenérico que deriva do grego τεύχριον, e despois do latín teucri, -ae e teucrion, -ii, usado por Plinio o Vello en Historia naturalis, 26, 35 e 24, 130, para designar o xénero Teucrium, mais tamén o Asplenium ceterach, a douradiña, unha especie de fento (25, 45).F. Gaffiot, Diccionaire Latin-Français, Hachette, Paris, 1934 Hai outras interpretacións que derivan o nome de Teucri, -ia, -ium, dos troianos, pois Teucro era fillo do río Escamandro e a ninfa Idaia, e foi o antepasado lendario dos troianos, polo que estes últimos a miúdo son chamados de teucrios.Encyclopedia Mythica: mythology, folklore, and religion Mais tamén Teucrium podería se referir a Teûkros, en latín Teucri, ou sexa Teucro, fillo de Telamón e Hesione e medio-irmán de Ajax, e que loitaron contra Troia durante a guerra do mesmo nome, durante a cal descubriu a planta no mesmo período en que Aquiles, segundo a lenda, descubriu a Achillea.Teucrium en M.L. Charters, California Plant Names: Latin and Greek Meanings and Derivations - A Dictionary of Botanical and Biographical Etymology

scorodonia: epíteto derivado do grego σχόρόδον e despois do latín scorodon, -i, os dous significando "allo", pois as follas da planta son aromáticas, con algo de sabor a alloF. Gaffiot.P. Font Quer. Monochilon cordifolius Dulac Scorodonia heteromalla Moench Scorodonia scorodonia (L.) H.Karst. Scorodonia solitaria Stokes Scorodonia sylvestris (Lam.) Link Scorodonia trivialis Raf. Scorodonia vulgaris Raf. Teucrium salviifolium Salisb. Teucrium sylvestre Lam.

Nomes vernáculos en galego A Real Academia Galega só recolle o termo seixebra, de saxifraga. Nome galego normativo pola RAG.. Outros dicionarios actuais recollen os nomes vulgares de ourego bravo ou sarxa brava pola semellanza coas tamén herbas aromáticas cultivadasTermos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004; Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991. Existen as variantes moi documentadas: sinxebra e xinxebra E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia (en galego antigo recollida coma gingebraMarcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar), que ás veces se confunde co xenxibre, pola semellanza do nome. É tamén común o termo teudo, moi recollido en dicionarios antigosX. Filgueira Valverde, L. Tobío Fernandes, A. Magariños Negreira e X. Cordal Carús (1926): Vocabulario popular castelán-galego (publicado por entregas en El Pueblo Gallego), Juan Cuveiro Piñol (1876): Diccionario Gallego, Barcelona..

Notas

Véxase tamén Outros artigos Xenxibre Historia da Botánica Características das lamiáceas Ligazóns externas Flowers of Northern Ireland: Teucrium scorodonia USDA Plants Profile : Teucrium socodonia

Categoría:Teucrium Categoría:Flora de Galicia Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Plantas medicinais Categoría:Herbas aromáticas Categoría:Plantas descritas en 1753