John Corrigan "Jonathan" Wells, nado en Nova York o 19 de setembro de 1942 e finado o 19 de setembro de 2024, foi un biólogo molecular norteamericano, autor e partidario do principio pseudocientífico do deseño intelixente.
Traxectoria Wells uniuse á Igrexa da Unificación en 1974, e seguidamente deixou escrito que as ensinanzas do fundador desa igrexa Sun Myung Moon, xunto cos seus propios estudos no Seminario Teolóxico da Unificación e as súas predicacións o convenceron de que tiña que dedicar a súa vida a "destruír o darwinismo". O termo darwinismo é a miúdo utilizado polos partidarios do deseño intelixente para referirse ao consenso científico actual sobre a evolución. Citado en "Rebuttal to Reports by Opposing Expert Witnesses" (PDF) de William A. Dembski (14 de maio de 2005). Obtivo un PhD en estudos relixiosos na Universidade Yale en 1986, e chegou a ser Director da organización de divulgación interrrelixiosa da Igrexa da Unificación na cidade de Nova York. En 1989, estudou na Universidade de California, Berkeley, onde obtivo un PhD en bioloxía molecular e celular en 1994. Fíxose membro de asociacións científicas e publicou en revistas académicas.
No seu libro Icons of Evolution: Science or Myth? (2000), Wells argumenta que varios exemplos usados para ilustrar libros de texto estaban moi esaxerados, distorsionando a verdade, ou eran patentemente falsos. Wells dixo que isto mostra que a evolución entra en conflito coas evidencias, e así argumentou contra a súa ensinanza na educación pública. Algúns dos autores que examinaron Icons of Evolution dixeron que Wells cita mal aos expertos como fontes e toma asuntos menores fóra de contexto, baseando o seu argumento en siloxismos defectuosos.Forrest & Gross 2004, p. 98. Entre as revisión especificamente citadas están as de David Ussery, Massimo Pigliucci, Kevin Padian e Alan Gishlick. Autores que foron citados no seu libro por Wells para defender a súa tese acusaron a Wells de citalos incorrectamente á mantenta e confundir aos lectores.Forrest & Gross 2004, p. 111. Quoting Dr. Bruce Grant, Professor of Biology at College of William & Mary: "Pero debería eu culpar á Sra. Rider pola súa ultraxe ao aprender que as avelaíñas foran coladas [con pegamento] ás árbores? Non. En vez diso a quen culpo é ao Dr. Wells, que escribiu o artigo que ela cita como a súa fonte de información. Aínda que el non fixo ningún traballo sobre o melanismo industrial, escribiu [unha] opinión sobre ese traballo. Para alguén que non sexa deste campo, el pasa por un erudito, completo con Ph.D. Desafortunadamente, o Dr Wells é intelectualmente deshonesto. . . . El viste profusamente os seus ensaios con citas de expertos (incluíndo algunhas miñas) que son xeralmente sacadas de contexto, e sistematicamente omite detalles relevantes para que pareza que as nosas conclusións son infundadas, defectuosas ou fraudulentas." As concepcións de Wells sobre a evolución foron rexeitadas pola comunidade científica.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Probas da evolución
Bibliografía
Categoría:Pseudociencia Categoría:Deseño intelixente Categoría:Alumnos da Universidade Yale Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2024