miniatura|dereita|Mucosa gástrica. Unha mucosa ou membrana mucosa é un tipo de tecido epitelial que tapiza varias cavidades do corpo e rodea os órganos internos. Consta dunha ou máis capas de células epiteliais que cobren unha capa de tecido conectivo laxo. É de orixe ectodérmica e continúase coa pel en varias aberturas corporais como os ollos (pálpebras), oídos, nariz e boca (beizos), a abertura da uretra e o ano. Algunhas membranas mucosas segregan mucus, un fluído mesto protector con moita mucina. A función das mucosas é deter os patóxenos (aínda que son máis penetrables que a pel, a cal ten unha grosa epiderme queratinizada) e lixo para que non entren no corpo e impedir que os tecidos corporais se deshidraten.
Estrutura
Consta dun epitelio de varias capas de células de orixe ectodérmica situada sobre unha lámina propria de tecido conxuntivo laxo. Os detalles varían segundo a rexión do corpo. Na mucosa da cavidade bucal a capa superior é un epitelio estratificado plano, pero que, a diferenza do da pel, non está completamente queratinizado. Debaixo está a lámina propia e nalgunhas zonas da boca hai unha submucosa laxa. No tubo dixestivo debaixo da lámina propia hai unha capa con fibras de músculo liso, chamada muscularis mucosae, e o epitelio superficial presenta diversas especializacións rexionais. No intestino a capa externa está especializada con células con microvilosidades, que axudan a absorber os alimentos, chamadas enterocitos.
Exemplos Reviste varias cavidades corporais que están expostas externamente ao ambiente ou no interior dos órganos, e aseguran que os tecidos subxacentes permanezan húmidos. En varios sitios continúanse coa pel: como nas fosas nasais, os beizos, as pálpebras, os oídos. Hai mucosas por exemplo na farinxe, na traquea, no estómago e nos intestinos, na área xenital e no ano. Na muller, a vaxina, o útero e o clítoris teñen membranas mucosas. No home, o pene (na glande e no prepucio) ten membranas mucosas. A uretra está tamén tapizada por unha mucosa.
Algúns exemplos son:
Mucosa bronquial e o recubrimento das cordas vocais Endometrio: a mucosa do útero Mucosa do esófago Mucosa gástrica Mucosa intestinal Mucosa nasal Mucosa olfactoria Mucosa oral Mucosa prepucial Mucosa vaxinal
Función A mucosa impide que os patóxenos e o lixo entren no corpo e impide que os tecidos perdan humidade. As membranas mucosas son bastante delicadas; son capaces de absorber varias substancias e toxinas pero son vulnerables á dor. Se o recubrimento se rompe ou desgarra, non pode facer estas misións protectoras. Algunhas membranas mucosas están implicadas na dixestión e na absorción dos almentos e na secreción de substancias. O fluído espeso que segregan algunhas mucosas (e as glándulas asociadas) é o mucus ou moco, con función protectora. Albergan tecido inmunolóxico (ver, por exemplo, tecido linfoide asociado ás mucosas).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Mucina Mucosa gástrica Sistema inmunitario mucosal
Ligazóns externas
Categoría:Histoloxía Categoría:Anatomía