Coral Troncoso, nada en Mondariz Balneario en 1972 e finada entre El Escorial e Colmenarejo (Madrid) o 16 de xullo de 2016, foi unha actriz, coreógrafa e bailarina galega.

Traxectoria Coral Troncoso licenciuse en artes escénicas pola RESAD de Madrid. Profesionalmente iniciouse no teatro, tanto como actriz como como directora teatral, e posteriormente centrouse na danza contemporánea. Foi alumna das coreógrafas Carmen Werner e Ana Buitrago, así como de Nicolas Rambaud, co que acabou formando en 2001 a compañía Megaló - Teatro Móvil. Foi a co-directora desta compañía durante máis dunha década.

Tamén foi directora dramática da compañía Provisional Danza, durante tres tempadas.

Espectáculos dirixidos e performados Las locas de Chaillot (2002) Cosas para llorar en seco (2003) Miedo (2004) Teselas (2005) La Rendición (2006) Mis Pies te Contarán (2007) Divos (2007) 5 Piezas para tomar con un café (2008) El tendal (2008) Excesivos (2009)

Vida persoal Foi filla de Julián Troncoso, quen foi alcalde de Mondariz Balneario. Tiña cinco irmáns.

Finou no accidente dun helicóptero Robinson R22 bipraza, ao caer no encoro de Valmayor, no noroeste da Comunidade de Madrid.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Actores de Mondariz Balneario Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Bailaríns Categoría:Coreógrafos Categoría:Nados en Mondariz Balneario Categoría:Nados en 1972 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en accidente de helicóptero