Fournoi Korseon ( ou - Fournoi Ikarias), máis comunmente simplemente Fournoi, é un complexo ou arquipélago de pequenas illas gregas que se atopan entre Icaria, Samos e Patmos en Icaria (unidade rexional) , na rexión do Exeo Setentrional. As dúas illas máis grandes do arquipélago son, a illa principal de Fournoi 31 km² e a illa de Thymaina 10 km², que están habitadas, así como a illa de Agios Minas 2´3 km² cara ao leste. Na illa principal Fournoi (cidade) é o maior asentamento seguido de Chrysomilia no norte (e o terceiro maior, logo de Thymaina). Fournoi (cidade) é o porto principal para os transbordadores que tamén recalan en Thymaina. miniatura|Mirando desde a illa Fourni a Thymaina e Icaria Moitos dos habitantes son mariñeiros, aínda que durante a tempada de verán a poboación tamén está ocupado en actividades turísticas, na súa maioría alugando habitacións e catering. Na illa principal existen unha serie de praias como Vlychada, Vitsilia, Petrokopio, Elidaki, e Bali.
Clima O clima é árido e caloroso no verán. Os invernos son bastante suaves, con precipitacións medias, pero no arquipélago prevalecen fortes ventos constantes. miniatura|Vista panorámica Comunicación A comunicación interrómpese con frecuencia durante o período de inverno (principalmente de novembro a abril) debido ao mal tempo e aos fortes ventos, principalmente. O resto do ano está dispoñible unha comunicación regular por barco coas illas de Ikaria e Samos. Desde o ano 2008 un transbordador de liña entre Samos e Atenas para tamén en Icaria e Paros.
Os asentamentos e as illas A illa principal de Fournoi ten unha poboación de 1.320 habitantes (censo 2011), máis do 90 por cento da poboación do municipio. As únicas outras illas habitadas son Agios Minas, e Thymaina.
Vila ou lugar Poboación Illa Agios Minas 3 Agios Minas Alatonisi 0 Alatonisi Anthropofas 0 Anthropofas Agios Ioannis Thermastis 1 Fournoi Bali 6 Fournoi Chrysomilea 104 Fournoi Dafnolies 2 Fournoi Fournoi 1,120 Fournoi Kamari 14 Fournoi Kampi Fournon 15 Fournoi Kampi Chrysomileas 50 Fournoi Kerameidou 7 Fournoi Plagia 1 Fournoi Kisiria 0 Kisiria Makronisi 0 Makronisi Mikros Anthropofas 0 Mikros Anthropofas Petrokaravo 0 Petrokaravo Plaka 0 Plaka Plakaki 0 Plakaki Strongylo 0 Strongylo Thymaina 136 Thymaina Thymainaki 0 Thymainaki
Véxase tamén
Outros artigos Lista de illas de Grecia Ligazóns externas Páxina oficial . Fournoi island at gtp.gr http://www.fourni.com/
Categoría:Illas do Mediterráneo Categoría:Illas de Grecia