Non confundir con Wiglaf, rei semi-lendario de Götaland (sucesor de Beowulf)

Wiglaf, finado c. 839, foi un rei de Mercia, reino situado no que hoxe constitúen as actuais Midlands inglesas, que gobernou entre 827 e 829 e desde 830 até a súa morte. Traxectoria A súa orixe familiar é incerta: os anos 820 foi un período no que houbo conflitos dinásticos no reino de Mercia polo que se descoñece a xenealoxía de varios reis desta época. O seu neto Wigstan foi considerado máis tarde como descendente de Penda de Mercia, polo que é posíbel que á súa vez Wiglaf tamén descendese de Penda, un dos reis de Mercia máis poderosos do século VII.

Wiglaf sucedeu no trono a Ludeca, quen morreu durante unha campaña contra Anglia Oriental. O seu primeiro reinado coincidiu co auxe do reino anglosaxón de Wessex, rival de Mercia, durante o reinado de Ecgbryht. Ecgbryht arrebatou a Wiglaf o trono de Mercia en 829 e gobernou directamente Mercia durante un ano. Wiglaf recuperou o trono en 830, probabelmente pola forza, aínda que poida que Wiglaf se mantivese baixo o señorío de Ecgbryht. Mercia nunca recuperou os reinos surorientais, aínda que Berkshire e talvez Essex volveron estar baixo control mercio. As causas da sorte cambiante de Mercia e Wessex son materias suxeitas á especulación, pero podería ser que o apoio carolinxio influíse no ascenso de Ecgbryht e a posterior recuperación mercia. Aínda que parecía que Wiglaf restaurara a independencia de Mercia, foi por pouco tempo, e a finais do século Mercia foi dividida entre Wessex e os invasores viquingos.

Wiglaf morreu sobre o 839 e probabelmente foi sucedido por Beorhtwulf, aínda que unha tradición rexistra que o seu fillo, Wigmund, reinou durante un breve período. Wiglaf foi enterrado en Repton, preto de Derby. Contexto histórico dereita|miniatura|443x443px|Mapa onde se mostran os principais reinos de Gran Bretaña sobre o ano 800. Mercia fora o reino anglosaxón dominante durante a maior parte do século VIII, sendo Offa, morto en 796, o rei máis poderoso do seu tempo.Blair, Roman Britain, páx. 274. Coenwulf, quen ocupou o trono mercio pouco despois da morte de Offa, foi quen de manter a influencia de Mercia sobre os reinos de Kent, Anglia Oriental e Essex, e frecuentemente realizou incursións alén da muralla de Offa, no territorio de Gales.Yorke 1990, p. 121.Kirby 1992, pp. 187–189. Con todo, a morte de Coenwulf en 821 marcou o inicio dun período no que o mapa político de Inglaterra foi redefinido drasticamente.Kirby 1992, páx. 185. Aínda que unha fonte do século XI afirma que o fillo de Coenwulf, Cynehelm, sucedeu brevemente ao seu pai no trono, o máis probábel é que quen sucedese a Coenwulf fose o seu irmán. Este reinou tan só dous anos antes de que fose deposto.Para unha relación do mito e os problemas históricos deste, ver a obra de Alan Thacker, "Kings, Saints and Monasteries in Pre-Viking Mercia", en Midland History, 1985, páx. 8.Kirby 1992, pp. 189–193.

O seguinte rei, Beornwulf, non era de estirpe real, aínda que se fixeron conxecturas, baseándose na letra B inicial, que estaba relacionado cos posteriores reis Beorhtwulf e Burgred.Por exemplo, Barbara Yorke (1990, páx. 119) considera que esta aliteración podería ser indicativa. Probabelmente a derrota do reino de Powys e a destrución do a fortaleza de Deganwy rexistradas na crónica galesa de Brut y Tywysogion en 823 levounas a cabo Beornwulf. Está claro que Mercia era aínda unha potencia militar naquel tempo. Con todo, en 825, Beornwulf foi derrotado por Ecgbryht de Wessex na batalla de Ellandun e morreu ao ano seguinte mentres dirixía unha infrutuosa campaña de invasión de Anglia Oriental. O seu sucesor, Ludeca, de liñaxe descoñecida, tamén invadiu Anglia Oriental, e do mesmo xeito que Beornwulf morreu durante a campaña en 827. Parece ser que estas derrotas próximas no tempo empeoraron as disensións dinásticas na autoridade real mercia. Fóra das fronteiras de Mercia, o reino de Wessex, no sur, era xa un reino poderoso e en expansión cando Wiglaf ascendeu ao trono.

Liñaxe A liñaxe familiar de Wiglaf non se coñece con certeza. Existen dúas teorías principais que sobre a xenealoxía dos reis de Mercia deste período. Unha delas afirma que había dúas liñaxes da familia real que competiron polo trono. Por exemplo, a mediados do século VII, Penda puxo as provincias conquistadas baixo o control de familiares seus. Un wigheard, que asinou uns foros a finais do século VII, era probabelmente un membro da súa liñaxe.Nome que recibía na Idade Media o arcebispo de Canterbury. A outra teoría afirma que un número de grupos de familiares con poderes locais competirían pola sucesión. Os subreinos do Hwicce, o Tomsæche e o non identificado Gaini son exemplos deste tipo de poderes locais. As alianzas matrimoniais tamén puideron xogar o seu papel. Os magnates competidores, chamados nos "foros" dux ou princeps, poderían axudar ao ascenso dos distintos monarcas. Neste modelo, os reis mercios eran pouco máis que líderes da nobreza.Véxase Keynes, Mercia and Wessex in the Ninth Century, pp. 314-323, en Brown & Farr, Mercia; véxase tamén Williams, Military Institutions and Royal Power, pp. 304–305.

Unha tradición medieval preservada en EveshamMacray, Chronicon Abbatiae de Evesham, 1863, citado in Kirby1992, p. 191, n. 26. recolle que Wigstan, o neto de Wiglaf, era descendente de Coenred, quen á súa vez era neto de Penda. Os avós de Wigstan foron Wiglaf e Coelwulf I; a tradición pode ser interpretada como que Wiglaf descendía de Penda, pero tamén podería ser que fose a esposa de Wiglaf, Cynethryth, quen descendese de Penda.Kirby 1992, pp. 190–192. O nome de Cynethryth coñécese grazas a dous foros de Wiglaf datados en 831 e 836, e a historiadora Pauline Stafford anota que o seu nome parece remontarse até a familia de Coenwulf se non a unha liñaxe real anterior, pero como o mesmo Wiglaf, non hai certeza respecto ao coñecido sobre a súa liñaxe.Stafford, Political Women in Mercia, pp. 42–43, en Brown & Farr, Mercia.Outra Cynethryth foi a nai de Ecgfrith de Mercia, o predecesor de Coenwulf, e esposa de Offa. Na medieval Vida de San Wigstan menciónase unha conexión distinta, na que se afirma que as familias "B" e "W", facendo referencia ás iniciais dos nomes, estaban emparentadas.Yorke 1990, p. 120.

Os descendentes coñecidos de Wiglaf inclúen ao seu fillo Wigmund e ao seu neto Wigstan, comparten ambos o "Wig-" inicial no seu nome; os nomes familiares aliterativos son frecuentes nas dinastías anglosaxoas e a miúdo significa que pertencían á mesma estirpe real.Por exemplo, Barbara Yorke (1990, páx. 120) trata os elementos "Beorn", "Berht", "Cen", "Ceol", "Cuth" e "Wig" presentes nos nomes. Entre outros posíbeis descendentes de Wiglaf inclúese ao último rei de Mercia, Ceolwulf II.Walker 2000, p. 208, táboa 1. Grazas a "foros" de Mercia de finais do século VIII e principios do IX, coñécense un bo número de duces ou praefecti (ealdorman) con nomes similares, como Wigbald, Wigberht, Wigcga, Wigferth e Wigheard, pero non hai evidencias, á parte da similitude nos nomes, que mostren que estes nobres eran parentes.Keynes, Mercia and Wessex in the Ninth Century, páx. 319, en Brown & Farr, Mercia.

Primeiro reinado e derrota fronte a Wessex miniatura|400x400px|Entrada para o ano 825 no manuscrito [C] da Crónica anglosaxoa, na que se narra o ascenso ao trono de Wiglaf.

A Crónica anglosaxoa cita o ascenso ao trono de Wiglaf na entrada do ano 827 (citado erroneamente baixo o ano 825)Hai un erro de dous anos na maioría das entradas desde 754 a 845.. A entrada reza en inglés antigo,

En 829, Ecgbryht de Wessex invadiu Mercia con éxito e depuxo a Wiglaf.Swanton 1996, pp. 60–61. A consecuencia inmediata para Mercia da derrota de Beornwulf a mans de Ecgbryht en 825 na batalla de Ellendum fora a perda do control dos reinos surorientais de Kent, Sussex, Essex e Anglia Oriental. As desastrosas expedicións militares contra Anglia Oriental levadas a cabo por Beornwulf e Ludeca en 826 e 827 respectivamente confirmaron a perda do control de Mercia sobre ese reino.Yorke 1990, p. 122. A vitoria de Ecgbryht sobre Wiglaf en 829 completou o seu dominio sobre o sur inglés, para, a finais do mesmo ano, recibir a submisión de Eanred de Northumbria en Dore, na fronteira setentrional de Mercia.Stenton 1971, p. 95. Estes acontecementos conduciron ao escriba anónimo da Crónica anglosaxoa a describir a Ecgbryht como o oitavo bretwalda ou "Soberano de Britania".

Ecgbryht mantivo o control sobre Mercia até o ano 830. Mantívose no poder o suficiente tempo como para chegar a emitir moedas (cuñadas en Londres) coa lema "Rex M", referido a "Rex Merciorum", é dicir "Rei de Mercia".Blackburn & Grierson 2006, p. 268.

Segundo reinado dereita|miniatura|248x248px|Retrato imaxinario de Ecgberht de Mercia, quen desposuíu a Wiglaf do trono durante un breve período. Na Crónica aparece que no ano 830, Wiglaf volveu obter o reino de Mercia.Swanton 1996, pp. 62–63. Xeralmente, a volta ao trono de Wiglaf foi interpretada polos historiadores como unha indicación do final do señorío de Ecgbryht sobre Mercia.Por exemplo, Blair (Roman Britain, páx. 219) comenta que Mercia recobrou a súa independencia; e Yorke (1990, páx. 122) di que durante o reinado de Wiglaf, Mercia asegurou os seus feudos en Midland. En particular, o historiador Frank Stenton argumentou que debido ás erratas da Crónica, é posíbel que Wiglaf recobrase o reino pola forza e que se Ecgbryht cedese o reino a Wiglaf, isto debería haberse mencionado.Stenton, 1996 p. 233f. Como evidencia de que Wiglaf actuaba como gobernante independente naquel tempo tamén se citan uns foros de 836; estes rexistran un concilio en Croft, en Leicestershire, ao que asistiu o arcebispo de Canterbury e once bispos, entre os que se atopaban algúns dos bispos saxóns occidentais. Wiglaf refírese á asemblea como "os meus bispos, duces e maxistrados", indicando que non só recuperara o control sobre o seu territorio, senón que tiña certo nivel de autoridade sobre a igrexa do sur de Inglaterra.Stenton 1971, pp. 233–234. É significativo o feito de que Wiglaf aínda fose capaz de convocar tal grupo de persoas notábeis, os saxóns occidentais, xa que aínda que puidesen facelo, non celebraban tales concilios.Patrick Wormald, "The Age of Offa and Alcuin", páx. 128, en Campbell et al., The Anglo-Saxons.Patrick Wormald, "The Ninth Century", páx. 138, en Campbell et al., The Anglo-Saxons.

Essex, que fora unha dependencia de Mercia, podería volver a estar baixo o dominio mercio: un tal rei Sigeric dos saxóns orientais, descrito como ministro de Wiglaf, aparece como testemuña nuns foros de Hertfordshire nalgún momento entre 829 e 837.Yorke 1990, p. 51. Cando aparentemente Ecgbryht perdeu o control da casa da moeda, Londres continuou sendo unha cidade mercia durante todo o segundo reinado de Wiglaf e mesmo despois deste. Parece ser que Berkshire tamén volveu estar baixo control de Mercia, aínda que é posíbel que isto non se producise até despois do reinado de Wiglaf. Talvez máis sorprendente, dado o poderío de Wessex, é o feito de que o territorio ao longo do curso medio de río Támesis que fora o corazón das terras do pobo Gewisse (o precursor do estado saxón occidental no século IX) quedase firmemente en mans de Mercia. No oeste, ou Wiglaf ou o seu sucesor, Beorhtwulf, conseguiron someter os galeses ao control mercio nalgún momento anterior a 853, cando se rexistra unha rebelión contra Mercia.