Antonio González Molanes, coñecido como Tucho Perete, nado en Cangas de Morrazo cara a 1951 e finado no mesmo concello o 13 de maio de 2019, foi un músico galego que foi alcalde de Cangas de Morrazo.

Traxectoria A partir dos 14 anos iniciouse na música. Tocou en orquestras como Los Seis de Galicia ou Acuarela. Traballou na sucursal de Banesto de Cangas.

Elixido concelleiro polo PCG nas primeiras eleccións municipais logo do franquismo, en 1982 substituíu a Chimé Chapela á fronte da alcaldía e co apoio dunha coalición de goberno onde estaba o Unidade Galega, o BN-PG e o PSOE.

En 1986 iniciou a súa aprendizaxe na música coral. Foi director de varias corais de ámbito local, como o Coro San Xosé (desde 1991) a Coral Queixumes do Hío e a Coral de Santiago Apóstol de Cangas. Tamén se dedicou a dar clase de música e en especial de guitarra, en centros de ensino e de forma privada. Finou en Cangas o 13 de maio de 2019.Falece Tucho Perete, director do Coro San José e segundo alcalde da democracia en Cangas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cangas de Morrazo

Categoría:Alcaldes de Cangas de Morrazo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PCE Categoría:Nados en Cangas de Morrazo

Categoría:Nados en 1951

Categoría:Finados en 2019 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes