Alfonso Pedraza Sag, nado en San Sebastián de los Ballesteros (Provincia de Córdoba) o 9 de abril de 1996, é un futbolista profesional español formado na canteira do Villarreal CF, que actualmente xoga cedido como extremo no Deportivo Alavés. É internacional coas categorías inferiores da .
Traxectoria Nado en San Sebastián de los Ballesteros (Córdoba, Andalucía), Pedraza uniuse á canteira do Villarreal Club de Fútbol no ano 2011 á idade de 15 anos. Anteriormente, era membro das categorías inferiores do Séneca CF. Tras catro anos de formación, en xaneiro de 2015 é ascendido ao Villarreal C da Terceira División. Con todo, rapidamente debuta co Villarreal B da Segunda División B. Sería o 11 de xaneiro desde mesmo ano, saíndo na segunda parte dun encontro antre o CF Reus Deportiu que acabaría con empate 2−2. O seu primeiro gol co filial chega o 1 de marzo, anotando o único tanto do partido na vitoria do seu conxunto ante o CD Atlético Baleares. Tras facerse cun posto fixo no equipo, o 5 de abril Marcelino García Toral chamao para o primeiro equipo. Pedraza debuta entón na Primeira División en substitución de Jonathan dos Santos no minuto 72 no empate do seu equipo ante o Valencia CF.
Na seguinte temporada, a 2015-16, Pedraza é un dos xogadores fundamentais que conseguiron levar ao Villarreal B a xogar a promoción de ascenso a La Liga 2. Co primeiro equipo xoga dous partidos, ambos saíndo como titular. O primeiro deles foi o 4 de outubro de 2015 ante o Levante UD no Ciutat de València, con derrota para o seu equipo por 1−0, mentres que o segundo foi o 17 de abril de 2016, de novo con derrota (2−1), ante o Rayo Vallecano no Campo de Fútbol de Vallecas. O 28 de xullo de 2016 anunciouse a súa cesión para a temporada 2016−17 ao Club Deportivo Lugo de La Liga 2.
Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesVillarreal CTerceira201510Villarreal BSegunda B2015131VillarrealPrimeira201520Villarreal BSegunda B2015−2016306VillarrealPrimeira2015−201620LugoSegunda2016−2017226
Palmarés España sub-19 Campionato europeo da UEFA Sub-19: 2015
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en soccerway.com
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en San Sebastián de los Ballesteros Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Villarreal CF C Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Leeds United AFC Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés