O Bico de Meda ou O Pico de Meda é a maior altura do concello de Zas, entre as parroquias de Gándara e Carreira. Ten 566 m de altitude sobre o nivel do mar. Atópase na chamada Serra de Santiago, que vai dende Corcoesto ata Brandomil. Esta serra é debida a unha falla que formou o val de Soneira.
Dende alí pódese ver toda a costa dende Fisterra ata Arteixo.
Atopáronse varias mámoas na zona, a maioría desfeitas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web de Zas.
Categoría:Montañas de Galicia Categoría:Zas Categoría:Zas sen imaxes Categoría:Montes de Galicia sen imaxes