Ceolwulf de Wessex, finado en 611, foi un monarca do Reino anglosaxón de Wessex. Traxectoria Fillo de Cutha (quen á súa vez era fillo de Cynric), e irmán de Ceol, reinou desde 597 até 611. Ceolwulf chegou ao trono en substitución do seu sobriño, o fillo de Ceol, Cynegils, xa que esta era aínda demasiado novo para gobernar.
Non existen moitos datos acerca do seu reinado, que durou catorce anos. Na Crónica Anglosaxoa establécese que estivo constantemente en guerra, e a súa fazaña mellor rexistrada é unha batalla contra o Reino de Sussex en 607.
Tras a súa morte, o trono pasou finalmente ao seu sobriño, Cynegils.
Notas Xenealoxía do Reino de Wessex (512/664) en Reyes e Reinos Genealogías .
Categoría:Nados no século VI Categoría:Reis de Wessex Categoría:Finados en 611