Cynegils de Wessex, finado en 643, foi rei de Wessex (611-643).
Traxectoria Era fillo do rei Ceol de Wessex. Sucedeu ao seu tío Ceolwulf logo da súa morte. En 614, Cynegils e o seu fillo Cwichelm, derrotaron aos galeses en Brampton. En 628, iniciaron unha guerra contra o rei Penda de Mercia en Cirencester. A guerra terminou coa firma dun tratado. En 634, Cynegils permitiulle a Birino traer a cristiandade a Wessex. O ano seguinte Birino bautizou ao rei Cynegils e ao rei Oswald de Northumbria. O ano seguinte logo do seu bautismo, Cwichelm morreu pelexando contra os galeses (636). Cynegils morreu en 643 e o trono foi cedido ao seu outro fillo, Cenwalh.
Cynegils tivo cinco fillos: Cwichelm (m. 636), rei de Wessex. Cenwalh (m. 674?), rei de Wessex entre 643 e 645, e entre 648 e 674. Centwine de Wessex (m. 685?), rei de Wessex entre 676 e 685. Cyneburh, casada con Oswald de Bernicia, rei de Northumbria. Egelwine ou Ethelwine, coñecido como San Egelwine de Athelney. Véxase tamén Bibliografía Royal Berkshire History: Cynegils, King of Wessex (Died AD 643)
Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Reis de Wessex Categoría:Finados en 643