Sidonie-Gabrielle Colette, coñecida simplemente como Colette, nada en Saint-Sauveur-en-Puisaye o 28 de xaneiro de 1873 e finada en París o 3 de agosto de 1954, foi unha novelista, xornalista, guionista, libretista e artista de revistas e de cabaré francesa. Despois de ser recoñecida, gañou sona internacional pola súa novela Gigi, levada ao cinema por Vincente Minnelli en 1958. Foi membro da Academia Goncourt dende 1945; chegou a presidila entre 1949 e 1954 e foi condecorada coa Lexión de Honor.

Comezou a escribir co pseudónimo de 'Willy', sendo obrigada a iso polo seu primeiro marido, de dito nome. Anos despois casou co xornalista e político Henry de Jouvenal.

No 2018 fíxose unha película biográfica.

Obras

Claudine à l'école (1900). Foi traducida ao galego. Chéri (1920) La Maison de Claudine (1922) Le Blé en herbe (1923) Sido (1929) Gigi (1944)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Centre d'étude Colette La Maison de Colette

Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Nados en 1873