A rumba galega pertence ás cancións e danzas chamados cantos de ida e retorno, como a habanera, que viaxaron de Cuba para a metrópole española, para establecerse como xéneros musicais cultivados e apreciados polo pobo español.Rodríguez Ruidíaz, Armando:la Rumba Gallega. https://www.academia.edu/4832260/La_Rumba_Gallega, p. 1.

Como a rumba flamenca, a rumba galega é orixinada por unha fusión de determinados elementos de estilo cubanos e españois. As características deste novo xénero son semellantes aos das novas cancións-danças que apareceu na área da Conca do Caribe durante o século XIX, que eran o resultado dunha combinación de elementos ibéricos e africanos. Este novo estilo musical foi chamado por Armando Rodríguez Ruidíaz o "prototipo da rumba" e definido do seguinte xeito: "Este produto orixinal, que pode ser chamado "Prototipo da rumba" foi o resultado dun proceso de fusión cultural, no que os compoñentes europeos, como o texto, as relacións tonais (maior-menor), as estruturas melódicas e harmónicas, e a súa forma de copla-refrán, son combinados con os patróns rítmicos sincopados e desprazamentos micrométricos de orixe africano"

dereita|miniatura|350px|Cadenza andaluza en Mi FrixioTenzer, Michael (2006). Analytical studies in world music, p.97. ISBN 0-19-517789-4. . Como na rumba flamenca, a melodía nas rumbas galegas é moitas veces baseada na “cadenza andaluza” española, mentres que no seguimento é utilizado un ou máis ritmos que son característicos dalgúns xéneros da música cubana, como a guaracha, a rumba e a habanera.

Orixe dereita|miniatura|Gaiteiros galegos nunha romaría. Conforme a Miguel Pérez Lorenzo, hai evidencias sobre a inclusión da rumba no repertorio da gaita, desde o século XIX. Tamén di o autor en referencia ao gaiteiro ourensán Xoán Ferreiro: "O tocaba, imaxinamos, as pezas que escoitou tocar a seu pai, a outros gaiteiros, a banda [de música] ... D. Jerónimo [pai deste gaiteiro, que morreu en 1940] foi emigrado a Cuba ata cinco anos antes da súa morte... estes anos, servíronle en Cuba a D. Jerónimo para incluír no seu repertorio rumbas e boleros...".

Diversificación e popularización Por causa da súa orixe popular, as rumbas galegas son frecuentemente asignadas a autores descoñecidos e, como as muiñeiras e outros xéneros tradicionais, son xeralmente referidas co nome da cidade ou rexión onde son recollidas como a "Rumba de Eo", "Rumba de Mallou", "Rumba de Cerqueira", "Rumba de Vergara" ou a "Rumba de Anxeriz". Tamén reciben o nome do autor, de ser coñecido, ou unha persoa a quen eles estiveran adicadas, tales como "Rumba de Juanito de Carballal", "Rumba de Pucho" ou "Rumba Sabeliña".

A introdución da rumba en Galicia está intimamente ligada á creación, durante a primeira metade do século XX, de grupos musicais chamados "charangas" ou "murgas". Estes, ao contrario dos grupos tradicionais galegos como os conxuntos de pandeiretas ou de gaita e percusión, incluían o grupo típico outros instrumentos non tradicionais, como o clarinete, saxofón, acordeón e guitarra, xunto cunha gran variedade de instrumentos de percusión.Cirio,Norberto Pablo: Desaparición, permanencia y cambios en las prácticas musicales de la colectividad gallega de la Argentina. Instituto Nacional de Musicología “Carlos Vega”. Fundación Xeito Novo de Cultura Gallega. http://www.musicaclasicaargentina.com/3articulosgal.htm, P. 2.

Máis recentemente, foron feitas algunhas gravacións de Rumbas galegas en que o compoñente cubano é enfatizado. Entre estes podemos apuntar á versión do grupo Muxicas da "Rumba dos cinco Marinheiros", onde o ritmo da clave cubana é claramente escoitado no seguimento,Muxicas: No colo do vento - CD. Clave Records 1996. Track 3. así como unha gravación da mesma peza polo gaiteiro Carlos Núñez co grupo irlandés The Chieftains, acompañada nesta ocasión por un grupo instrumental tipicamente cubano.The Chieftains: Santiago - CD. BMG Classics 1996. Pista 12.

Notas

Categoría:Música de Galicia Categoría:Música tradicional galega