Cristian Isaac Toro Carballo, nado na Illa de Margarita (Venezuela) o 29 de abril de 1992, é un piragüista galego, medallista olímpico.* Ficha na páxina web do COI.

Traxectoria É fillo de pais galegos emigrados en Venezuela, retornados a España (Madrid) no ano 2001 e a Galicia en 2005.

Gañou unha medalla de ouro olímpica en Río 2016, canda o ilerdense Saúl Craviotto, na proba K-2 200 m.

Participou como tronista no programa televisivo Mujeres y hombres y viceversa de Telecinco e mantén unha relación sentimental coa xornalista Irene Junquera.«Así viviu Irene Junquera o ouro do seu noivo Cristian Toro: "Empuxa, empuxa!"» El Progreso, 21/8/2016.

Gañou catro medallas de prata no Campionato Mundial de Piragüismo, nos anos 2017 e 2018, e dúas medallas de ouro no Campionato Europeo de Piragüismo de 2018.

Nas eleccións municipais de 2023 integrou a listaxe do partido de ultradereita Vox ao concello de Madrid. Vox obtivo cinco actas nesa convocatoria; sendo Cristian o sexto na listaxe liderada por Rocío Monasterio. En marzo de 2026 foi nomeado responsábel de Deportes do partido.

Palmarés internacional Xogos Olímpicos Ano Lugar Medalla Competición 2016 Río de Xaneiro () K2 200 m Campionato Mundial Ano Lugar Medalla Competición 2017 Račice () K2 200 m 2017 Račice () K4 500 m 2018 Montemor-o-Velho () K2 200 m 2018 Montemor-o-Velho () K4 500 m Campionato Europeo Ano Lugar Medalla Competición 2018 Belgrado () K2 200 m 2018 Belgrado () K4 500 m

Notas

Véxase tamén Outros artigos David Cal

Categoría:Medallistas olímpicos de Galicia Categoría:Piragüistas olímpicos de Galicia Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por España Categoría:Medallistas olímpicos en piragüismo Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Venezuela Categoría:Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Políticos de Vox