As Series Mundiais Femininas de Rugby a 7 (en inglés World Rugby Women's Sevens Series) son un campionato organizado por World Rugby composto por varios torneos nos que se enfrontan a mellores seleccións femininas de rugby a 7 do mundo.

As Series Mundiais naceron en 2012/13 como herdeiras da IRB Women's Series Challenge Cup que se disputou o ano anterior, copiando o modelo das Series Mundiais de Rugby a 7 masculinas que se disputan dende a tempada 1999-2000.

Puntuación Os equipos suman unha serie de puntos tras cada torneo dependendo da posición final acadada, de xeito que ó remate da tempada a selección campioa é a que ten máis puntos na clasificación. Posto 1º 2º 3º 4º 5º 6º 7º 8º 9º 10º 11º 12º Puntos 20 18 16 14 12 10 8 6 4 3 2 1

Participantes Cada torneo das Series Mundiais conta con 12 seleccións participantes. Das 12 seleccións, 11 teñen a presenza garantiza en tódolos torneos. Son as seleccións que posúen un status permanente (en inglés Core Teams). O resto das seleccións participantes fano convidadas pola organización, podendo competir nun torneo ou en máis dun, segundo o considere World Rugby. O status permanente acádase por méritos deportivos, rematando a tempada entre os primeiros postos da táboa.

As seleccións core team na tempada 2015-16 foron: Australia Nova Zelandia Canadá Inglaterra Francia Estados Unidos Rusia Fidxi España Xapón Irlanda

Torneos Na tempada 2015-16 as Series Mundiais estiveron compostas por cinco torneos: TorneoEstadioData Dubai The Sevens Stadium (50.000) 3 e 4 de decembro de 2015 São Paulo Arena Barueri (35.000) 20 e 21 de febreiro de 2016 Atlanta Fifth Third Bank Stadium (8.500) 8 e 9 de abril de 2016 Langford Westhills Stadium (1.600) 16 e 17 de abril de 2016 Clermont-Ferrand Stade Gabriel Montpied (10.607) 28 e 29 de maio de 2016

Palmarés TempadaTorneosCampioasSubcampioasTerceiras2012-134 Nova Zelandia Inglaterra Canadá2013-145 Nova Zelandia Australia Canadá2014-156 Nova Zelandia Canadá Australia2015-165 Australia Nova Zelandia Canadá

Véxase tamén Outros artigos Copa do Mundo de Rugby a 7#Torneo feminino Rugby a 7 feminino nos Xogos Olímpicos de Río 2016 Ligazóns externas Páxina oficial das Series Mundiais femininas

Categoría:Rugby a 7