Ánxeles Cuña Bóveda, nada en Pontevedra o 16 de febreiro de 1957Ficha na páxina web de Sarabela Teatro., é unha dramaturga e política galega.
Traxectoria É Licenciada en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, así como diplomada pola Escola de Expresión de Barcelona. Traballou como Profesora de Actividades e impartiu clases de Lingua e Literatura no IES Universidade Laboral.
Foi a fundadora do grupo teatral Sarabela.
En agosto de 2016 acadou o primeiro posto nas primarias de En Marea pola provincia de Ourense para optar a deputada do Parlamento de Galicia , e foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016. Vida persoal
É neta de Alexandre Bóveda.
Obra teatral Como directora 1990, Madame de Sade, de Mishima. 1992, As sillas!!, de Ionesco. 1993, Xacobe e o seu amo, de Milan Kundera. 1994, Cama dous por dous para dous, de Sergi Belbel. 1996, A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor (Adap. Couceiro-Muñoz). 1997, Afección, de Couceiro-Cuña-Dacosta-Muñoz. 1998, Tics, de Couceiro-Cuña-Dacosta-Muñoz. 1999, Os soños de Caín, Couceiro-Cuña-Dacosta-Muñoz. 1999, Romance de Micomicón e Adhelala, E. B. Amor. 2000, O lápis do carpinteiro, de Manuel Rivas (Adap. Cuña-Muñoz-Calleja). 2001, Sexismunda, de Pedro Calderón de la Barca. (Adap. Cuña-Muñoz-Calleja). 2001, A illa amarela, de Paloma Pedrero. (Adap. Ánxeles Cuña). 2002, A conxura dos necios, John Kennedy Toole. (Adap. Ánxeles Cuña). 2003, Así que pasen 5 años, de Federico García Lorca. (Adap. Ánxeles Cuña). 2004, A Rolda de caricias, de Sergi Belbel, baseado na Rolda de Arthur Schnizler. 2004, A gata con botas, de Ánxeles Cuña Bóveda. 2005, O heroe, de Manuel Rivas. 2006, Rebentado, de Sarah Kane (Adaptación e dirección da lectura dramatizada).
Recoñecementos
Premio Celestina (da crítica de Madrid) pola obra Romance de Micomicón e Adhelala.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Ánxeles Cuña Ficha da autora en muestrateatro.com. Ficha no Parlamento de Galicia
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por En Marea Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Dramaturgos do século XX Categoría:Dramaturgos do século XXI