Rinia ou Rhenea (en ) é unha illa grega nas Cícladas. Atópase xusto ao oeste da illa de Delos da que lle separa unha canle duns 700 metros de anchura, e aínda máis ao suroeste da illa de Mykonos a 9 km, da que dependen administrativamente. A súa superficie é de 14 km². Tiña unha pequena poboación ata a década de 1980, pero actualmente está deshabitada. Tamén é denominada Gran Delos.

A orientación de Rinia é de norte a sur, cunha lonxitude de 8 km. Componse de dúas partes unidas entre elas por un istmo de 1´2 km de largo por 70 m de longo no seu punto máis estreito. Ten unha superficie total de 13´9 km². O seu punto culminante, situado na parte norte, alcanza os 136 m.

Na Antigüidade, foi conquistada por Polícrates de Samos e dedicouse ao culto de Apolo Delio. Tiña unha cidade do mesmo nome que a illa: Renea.

Servía de necrópole aos delios e de refuxio para as mulleres que estaban a piques de parir, pois o carácter sagrado de Delos prohibía que alí tivesen lugar nacementos e defuncións.Tucídides, Historia de la Guerra del Peloponeso III.104Estrabón, Geografía X.5.5

Ata un pasado recente, estaba habitada por apenas unha vintena de persoas. Actualmente está deshabitada.

Referencias

Véxase tamén

Outras illas gregas

Ligazóns externas Páxina oficial do Municipio de Mykonos

Categoría:Illas do Mediterráneo Categoría:Illas de Grecia