Antonio Hervella Ferreira, nado en Madrid o 5 de xaneiro de 1853, foi un avogado e notario galego.
Traxectoria Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid e licenciouse en Dereito Civil e Canónico en 1886. Foi notario no Castro de Caldelas, Monforte de Lemos, Redondela, O Barco de Valdeorras e Cartaxena. É autor do libro Las comunidades familiares y la compañía gallega después de la publicación del Código Civil, publicado por El Eco de Lemos en 1898. Xubilouse como notario de Sama (Langreu) en 1935.El Pueblo Gallego, 31-8-1935, p. 6.
Obras
Historia jurídica de las diferentes clases de censos, 1892.
Las comunidades familiares y la compañía gallega después de la publicación del Código Civil, 1898. Vida persoal
Casou con Francisca Nieto Bustos, que finou no Barco de Valdeorras en 1927,El Pueblo Gallego, 6-8-1927, p. 11. e foi pai de Consuelo, Antonio, Pedro Tertuliano e Evelina Hervella Nieto. Notas
Véxase tamén Bibliografía
"HERVELLA FERREIRA, Antonio", artigo na Gran Enciclopedia Gallega
Categoría:Notarios Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá
Categoría:Nados en Madrid
Categoría:Nados en 1853 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes