Nino Còsta, nado o 28 de xuño de 1886 en Turín e finado o 5 de novembro de 1945 na mesma cidade, foi un escritor piemontés.

Traxectoria Estudou veterinaria e despois letras. Pasou algún tempo en París e alí comezou a escribir poesías en francés. Durante un tempo deu clases nalgúns institutos antes de obter un posto por concurso na Cassa di risparmio de Turín. Nesa época xa escribía poesía en italiano, pero a partir de 1909 comezou a facelo en piemontés, o primeiro poema que publicou foi Macëtta 'd NatalNino Còsta Antologìa Piemontèisa, no semanario Birichin do 23 de decembro de 1909, asinando co sobrenome de Mamina, seguiu a publicar no periódico ata o seu peche en 1927, publicando desde 1922Nino Costa Savej - Fondazione Culturale Piemontese varias coleccións coas poesías alí aprecidas. Tamén escribiu obras teatrais e narrativas Tèra monfrin-a datada en 1921, Testa 'd fer en 1929.

Obra Mamina (Lattes 1922) Sal e pèiver (Sacerdote 1924) Brassabòsch ( Casanova 1928) Fruta Madura ( S.E.L.P. 1931); a primeira obra na que Costa adoptou a grafía piemontesa moderna Ròba nòstra (1938) Tempesta (1946, póstumo) Il divino dono (escolma de poesía e prosa para nenos en piemontés e italiano. Viglongo, 1953) Tornand (escolma de poesía non publicada anteriormente, editada por Andrea Viglongo Viglongo 1977) Notas

Categoría:Nados en 1886 Categoría:Nados en Turín Categoría:Finados en 1945 Categoría:Escritores de Italia Categoría:Escritores en lingua piemontesa